Mañá celébrase o aniversario da publicación dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca, na Editorial Nós de Ánxel Casal. Un libro que, a ollos de estudosos como Carvalho Calero ou Méndez Ferrín, converte o granadino nun autor máis da literatura galega.
Hoxe, 25 de outubro, conmemórase a primeira visita de Lorca á Galiza, en 1916. Seguen agromando os vínculos da obra do poeta e dramaturgo coa poesía de Rosalía de Castro e, en xeral, a súa paixón pola lírica galega de todos os tempos.
Por vez primeira o sector da edición na Galiza celebra cun evento a creación da Asociación Galega de Editoras (AGE). A entidade reuniu en Compostela representantes de empresas, asociacións e administracións para facer memoria do traballo realizado durante estes últimos 40 anos.