Denuncian a situación "insostíbel" da Atención Primara na área sanitaria de Vigo
“O Sergas traslada a tensión polo aumento dos contaxios ao persoal sanitario”
CIG-Saúde critica que Sanidade está a prolongar xornadas e recortar “o dereito ao descanso” do persoal.
Piden a paralización da actividade na UCI de Compostela tras detectarse "un risco importante na exposición á Covid"
A CIG-Saúde vén de presentar unha denuncia ante a Inspección de Traballo para que requira á Xerencia da área sanitaria de Compostela-Barbanza o cumprimento da normativa de prevención. O sindicato pide a paralización inmediata na UCI de persoas adultas do CHUS “mentres non se garanta a seguridade de profesionais e doentes”.
Campaña pola recuperación dos dereitos laborais e retributivos do persoal do Sergas
Impulsada pola CIG, demanda a eliminación da taxa de reposición, unha OPE co 100% das prazas ou cobrar todo o complemento específico.
Mobilización de persoal da UCI de adultos do CHUS por unha unidade de coidados intensivos “digna”
Indican que a COVID-19 evidenciou que non reúne as condicións que serían desexábeis.
“A decisión de prorrogar os contratos MIR e EIR suporá que o persoal das listas non poida traballar”
CIG-Saúde reclama a publicación das listas de contratación do persoal facultativo e a convocatoria da Mesa Sectorial.
Alertan de posíbeis contaxios en persoal do Sergas polo uso de "máscaras defectuosas"
Denuncia en Inspección á Xerencia da área de Santiago por non facer avaliación de riscos fronte á COVID-19
Denuncian que o Sergas deixa sen contrato o persoal temporal con COVID-19 mentres está de baixa
O CHUS raciona o material de protección
CIG-Saúde de Compostela demanda da xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago información sobre os equipos de protección individual (EPIS) existentes e unha uniformización de criterios canto a uso e transporte da roupa usada no hospital.
As enfermeiras que se trasladan do hospital a Atención Primaria son “lastres”
CIG-Saúde cualifica de “impresentábel” este cualificativo que, denuncia, outorga o “Grupo de Expertos en Atención Primaria” a estas profesionais.
CIG-Saúde féchase no Sergas para exixir respostas sobre Povisa
A protesta motivouna a falta de contestación ás peticións de reunión que lle enviaron ao conselleiro.
CIG-Saúde di que as 407 prazas anunciadas polo Sergas non son de nova creación
A central sindical cre que é unha comunicación propagandística e lembra que no sistema sanitario público galego hai máis de 5.000 prazas con contratos eventuais e precarios
A CIG-Saúde exíxelle ao Sergas datos para coñecer o déficit real de profesionais
Entre as demandas da CIG-Saúde atópase un Plano de ordenación de Recursos Humanos en Atención Primaria; a supresión da taxa de reposición e unha previsión das xubilacións que se van producir.
“Se non é polo sobreesforzo dos profesionais a sanidade pública xa tería caído”
CIG-Saúde gañou as eleccións no Sergas que se realizaron o pasado día 23, ampliando a súa representación de 57 a 66 delegadas e consolidándose como primeira forza. Entre os obxectivos que se marca para estes anos, enfrontar a precariedade na sanidade pública. “A Xunta ten que xestionar a sanidade atendendo ás necesidades e non con titulares de prensa”, pide María Xosé Abuín, a súa secretaria nacional.
Sinalan a empresa Galaria como porta xiratoria da ex conselleira de Sanidade
A CIG Saúde denuncia que a empresa Galaria continúa a xestionar diversos servizos sanitarios na área de Vigo para manter un retiro dourado á ex conselleira Rocío Mosquera, xa que esta decisión vai en contra do acordo de integrar todos os servizos baixo a mesma xerencia.
"A Xunta fixo saltar polos aires” o acordo da Atención Primaria, denuncia a CIG
“Transcorridas menos de 24 horas”, a Xunta “fixo saltar todo polos aires”. É unha denuncia da secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín. Refírese ao acordo de negociación de todos os temas que se viñan denunciando referidos ao deterioro de Atención Primaria.
O VII Congreso da CIG Saúde reelixe María Xosé Abuín como secretaria nacional
A central nacionalista, que nas últimas eleccións sindicais recuperou a condición de primeira forza no ámbito da sanidade pública, denunciou no seu congreso que as políticas do PP "mudan os valores da sanidade pública que nós defendemos polos do mercado". Na súa intervención perante o congreso, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, anunciou para esta semana asembleas de debate arredor da conveniencia de ir a unha greve xeral.
CIG Saúde denuncia o desmantelamento de atención primaria na Mariña
CIG Saúde denuncia a que cualifican como política destrutiva do equipo xestor da EOXI de Lugo-Cervo-Monforte nos Centros de Saúde da Mariña. Faino após as últimas declaracións do PP en referencia ás críticas pola supresión da Área Sanitaria da Mariña. Dende o sindicato consideran, ademais, que as devanditas declaracións teñen un marcado carácter propagandístico