Piden a paralización da actividade na UCI de Compostela tras detectarse "un risco importante na exposición á Covid"

A CIG-Saúde vén de presentar unha denuncia ante a Inspección de Traballo para que requira á Xerencia da área sanitaria de Compostela-Barbanza o cumprimento da normativa de prevención. O sindicato pide a paralización inmediata na UCI de persoas adultas do CHUS “mentres non se garanta a seguridade de profesionais e doentes”.

Entrada da UCI no clínico. O persoal ten que deixar as súas máscaras en bolsas penduradas da parede (Foto: Asociación de Pacientes do CHUS)
photo_camera Entrada da UCI no clínico. O persoal ten que deixar as súas máscaras en bolsas penduradas da parede (Foto: Asociación de Pacientes do CHUS)
Comentarios