Ana Ermida: "O de Barreiros é o modelo de urbanismo do PP”
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de anular o Plano Sectorial polo que a Xunta tentaba legalizar máis de tres mil vivendas en Barreiros. Recoñece ademais a existencia de “desvío de poder” na súa actuación, o que, para a concelleira do BNG Ana Ermida, tería que ser motivo de dimisións no goberno de Feijóo. Con pouco máis de 3.000 habitantes, en Barreiros déronse licenzas para 6.000 vivendas.