CULTURA
María Baqueiro: "Non é difícil pór en marcha un festival que sexa medioambientalmente sostíbel"
19/maio/22
María Baqueiro, ademais de promotora do Pacto Cultura Sustentábel, asesora boa parte dos festivais galegos de música e cinema. Este 21 de maio coordinará unha xornada da Deputación da Coruña que, co título 'Impacto positivo: unha alianza festivais-administración', procurará achegar a responsábeis destes eventos a sensibilización polas novas lexislacións, xurdidas a raíz da aprobación da Axenda 2030 pola ONU.