Asemblea de Monforte

Asistentes á IV Asemblea das Irmandades da Fala: 1ª fila: Castelao, Arturo Noguerol, Losada Diéguez e, máis afastado, Antonio Sánchez González; 2ª fila: Ánxel Casal, Antón Vilar Ponte, Blanco Torres, Otero Pedraio e Vázquez Monxardín; 3ª fila: Manuel Antonio, coa súa "paipa", Lustres Rivas, Ramón Vilar Ponte e Xosé María Calviño Mariño. / Fundación Otero Pedrayo
star
Reportaxes

Ásemblea Nacionalista de Monforte: cen anos da odisea galeguista

En febreiro de 1922, unha parte moi importante da historia do nacionalismo galego dilucidouse en Monforte de Lemos. Durante tres días, referentes do galeguismo reuníronse para debater e conformar a constitución dun movemento político, cultural e social que aínda hoxe encadra e vertebra o discurso do nacionalismo. Un século despois, a semente do galeguismo segue a agromar da terra co obxectivo que Castelao manifestou: vencer.