A exixencia de que Ence e Elnosa marchen da Ría volve resoar con forza en Pontevedra
A manifestación anual contra celulosas exixíu a derrogación da prórroga a Ence, a caducidade de Elnosa e e para a “eucaliptización” de Galiza.
A manifestación anual contra celulosas exixíu a derrogación da prórroga a Ence, a caducidade de Elnosa e e para a “eucaliptización” de Galiza.
A Plataforma pola Defensa da Ría convoca a súa movilización anual contra o complexo Ence-Elnosa.
O Teatro Principal acolle este sábado os actos polo 30 aniversario da Asociación pola Defensa da Ría. Falamos con Antón Masa, un dos fundadores e presidente da APDR. “Conseguimos cambiar a conciencia da xente sobre o medio ambiente”, afirma.
Máis dun cento de persoas protestaron pola decisión da Xunta fronte á sede provincial do PP en Pontevedra.
Este sábado 4 de xuño terá lugar unha mobilización nacional contra a pasteira. Como novidade, ao tradicional lema pola retirada da celulosa engádense 2 novas reivindicacións: o saneamento integral da Ría e contra a eucaliptización. Como segunda novidade, non a convocaa Asociación para a Defensa da Ría (APDR)a mais a plataforma 'Ence Fóra' e a Federación ecoloxista galega.
Propoñen cinco medidas concretas para limitar as consecuencias do eucalipto e prevervar os bosques autóctonos. “As plantacións de eucaliptos en Galiza supoñen máis da metade das existentes no Estado”.
A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra vén de anunciar que recorrerá pola vía xudicial a decisión da Dirección Xeral de Costas de manter a vixencia da concesión de Ence en Lourizán.
Pide á pasteira que deixe de usar o ´glisofato' e solicita ao Ministerio de Agricultura que o prohíba o produto após o acordo de expertos de 11 países de consideralo "carcinóxeno".
A través dun comunicado feito público na Semana Galega de Filosofía, a Asociación pola Defensa da Ría denuncia que o PP opta pola permanencia de ENCE na ría de Pontevedra máis alá do 2018.
Resulta certamente patética a denuncia pública realizada pola empresa ENCE pola suposta presenza irregular das pancartas anti-ENCE penduradas pola nosa Asociación; patética polo pueril da protesta, que deixa ver o dano que lle fai á ilegal empresa pasteira a nosa posición firme na defensa do dereito da cidadanía a ver a Ría libre de empresas contaminantes e libre tamén de freos a un modelo de desenvolvemento económico quen de crear postos de traballo de calidade e que nos anima a seguir nesta liña. Dóelles, por exemplo, ver a presenza da nosa propaganda –e a boa acollida entre a cidadanía- nunha etapa da volta ciclista na que, por certo, o patrocinio de ENCE pasou absolutamente desapercibido
Todo indica que o pasado domingo, a fábrica de Celulosas da ría de Pontevedra sufriu un escape mais a empresa non confirmou nin avisou ao goberno municipal do acontecido. A Asociación pola defensa da Ría recibiu varias chamadas de alerta e denuncia o perigo do complexo Ence-Elnosa e da Xunta que esixa responsabilidades á emprea.
A Asociación pola defensa da ría de Pontevedra insta ao organismo a presentar un recurso de inconstitucionalidade á nova Lei de Costas que autoriza ao goberno español a prorrogar a concesión á pasteira até 75 anos máis
Tres mil persoas manifestáronse perante a factoría de Ence e exixiron a saída da pasteira de Lourizán na Marcha contra celulosas organizada pola APDR. Falamos co presidente da Asociación pola defensa da Ría de Pontevedra, Antón Masa. Imaxe e vídeo no interior: GZ Vídeos