As persoas afectadas, "ademais de faceren fronte ás limitacións na vida diaria que lles impón a súa discapacidade, ven obstaculizado e demorado o seu acceso a diversas prestacións sociais e axudas que lles poden resultar imprescindíbeis", lamenta Gabilondo.
Unha de cada cen persoas maior de 18 anos no Estado español sufriu abusos sexuais no seo da Igrexa católica, uns abusos caracterizados durante moito tempo pola "negación", a "minimización" ou "ocultación" do problema e mesmo polas "presións" ás vítimas, segundo conclúe o Defensor do Pobo no primeiro e máis extenso informe sobre este asunto que vén de entregar ao Congreso dos Deputados.
O informe de 2021 da Defensoría do Pobo estatal cuestiona os efectos negativos da atención telefónica aos pacientes, reclamando solucións para un sistema sanitario que cualificou de "desbordado" en varias ocasións".