O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos investigará se os mozos de Altsasu tiveron acceso a un xuízo xusto
No mínimo as defensas de 2 dos procesados recibiron a notificación de Estrasburgo.
O Tribunal Supremo rebaixa as penas aos mozos de Altsasu
Altsasu: 1.000 días en prisión
Multitudinaria manifestación en defensa dos mozos de Altsasu
Milleiros de persoas desprazáronse este domingo á localidade navarra de Altsasu para manifestar o seu rexeitamento á situación de sete mozos condenados a entre seis e 13 anos de prisión por un incidente nocturno cuns gardas civís de paisano. A vila, de 7.500 habitantes, ficou colapsada ante a elevadísima asistencia de xente.
"Hai moito interese en manter certa tensión en Euskal Herria"
Edurne Goikoetxea, membro de Altsasu Gurasoak, participa da mesa “Liberdades, dereitos civís e dereitos humanos en perigo na sociedade actual”, dentro da xornada organizada este sábado pola eurodeputada do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, en colaboración coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) e a Universidade da Coruña. Aproveitando a súa estanza na Galiza, conversamos coa nai de Ainara Urquijo, unha das mozas de Altsasu condenadas pola pelexa nun bar con axentes da Garda Civil.
Miles de persoas reclaman en Iruña “xustiza” para os mozos de Altsasu
Unha multitudinaria manifestación [80.000 persoas segundo as convocantes] denunciou a sentenza da Audiencia Nacional que condena a penas de entre 13 e 2 anos a estes rapaces acusados de agredir a 2 gardas civís nun bar en 2016.
Condenas de até 13 anos para os mozos de Altsasu
A Audiencia Nacional áchaos culpábeis de delitos de “atentado”, e de “lesións, desordes públicas e ameazas” mais non de “terrorismo”. Condena a 2 dos 8 mozos a 13 anos de cárcere; a outros 2 imponlle 12 anos de prisión; 9 anos para outros tres e, por último, 2 anos para o úlimo mozo.
Todos os acusados pola lea de bar en Altsasu negan que agrediran os garda civís
Iruñea clama pola liberdade das mozas e mozos de Altsasu
Esta segunda feira, 16 de abril, enceta na Audiencia Nacional española o xuízo contra oito mozas e mozos de Altsasu acusados dun delito de “terrorismo” por unha lea con dous gardas civís fóra de servizo no exterior dun bar. Aproveitando o comezo do xuízo, milleiros de persoas reclamaron a liberdade dos encarcerados nunha mobilización histórica.
Ameazados con multas de 600 euros por levaren unha camiseta de apoio aos mozos de Altsasu
Tres mozos foron identificados e ameazados cunha multa de 600 euros en Iruñea, durante as celebracións dos sanfermíns, por levaren unha camiseta de apoio aos xoves da localidade navarra de Altsasua.
Fiscalía pide 375 anos de prisión para os 8 mozos de Altsasu
O ministerio público solicita que se lles condene por “lesións terroristas” por unha pelexa con 2 garda civís de paisano nun bar desta localidade navarra. Para unha das persoas procesadas a Fiscalía pide 62 anos de prisión, para outros seis 50 años a cada un, e doce anos e medio para outro.