O Tribunal Supremo rebaixa as penas aos mozos de Altsasu

A Sala do Penal do Tribunal Supremo rebaixou as condenas imputadas pola Audiencia Nacional aos mozos de Altsasu (Nafarroa) implicados na agresión a gardas civís na madrugada do 15 de outubro de 2016. As penas quedan agora fixadas entre o ano e medio e os 9 anos e medio de cadea.
altsasu
photo_camera Manifestación en Altsasu en defensa dos mozos.

Os xuíces do Supremo retiraron as agravantes de discriminación e de abuso de superioridade no delito de atentado contra a autoridade, polo que agora contempla penas que van desde 1 ano e 6 meses de cadea até os 9 anos e 6 meses.

A resolución non foi unánime e dous maxistrados firmaron un voto particular favorábel a manter a agravante de discriminación.

A Audiencia Nacional condenara aos de Altsasu a penas de entre 12 e 13 anos de prisión polos delitos de atentado a axentes da autoridade, lesións, desorde público e ameazas.

Comentarios