Alberto Lema

Alberto Lema, autor de 'Pazo de inverno'. (Foto: Sandra Grarcía Rey)
star
Entrevistas

Alberto Lema: "Cando estás no poder nunca te decatas de a quen estás molestando até que xa é demasiado tarde"

Alberto Lema xa era coñecido pola vocación política das súas novelas. Obras como Unha puta percorre Europa ou Da máquina mostraban un narrador que non temía enfrontarse coa actualidade. Nas  municipais de 2015, presentouse pola  Marea Atlántica  na Coruña e foi elixido concelleiro e nomeado cuarto tenente de alcalde, facéndose cargo das concellarías de Emprego e Economía Social. A súa última novela, Pazo de inverno (Galaxia), baséase nese paso polo goberno. Novela política e transgresora, mostra un narrador pouco compracente que relata as dificultades da esquerda para opoñerse aos poderes na sombra que tratan de desaloxala do poder.