Agaca

Pastoreo para gando vacún da cooperativa Campo Capela (Foto: Agaca).
star
ECONOMÍA

As granxas galegas, por riba da media europea en sostibilidade

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) realizou entre xaneiro e setembro deste ano un estudo baseado en protocolos europeos en 208 granxas para avaliar a súa situación, o benestar animal e súa a pegada de carbono. Os resultados melloran a media europea.