star
CULTURA
O teatro galego loita pola estabilidade
25/maio/23
As I Xornadas organizadas pola Academia Galega de Teatro no Pazo de Mariñán abordaron a "consistencia e solidez do sistema teatral galego, as dificultades e carencias na programación dos espazos dedicados a exhibición, os problemas para organizar a itinerancia dos espectáculos ou o estado actual das redes e circuítos de distribución". Os resultados distan moito de seren optimistas, malia que tamén se propuxeron alternativas para enderezar o rumbo.