Opinión

40 expertos forestais ou os 40 ladróns da cova de Alí Babá

No pasado mes de Xullo , pagado cos cartos de todos os galegos e galegas , a Asociación de Becarios  -Fundación Barrié de la Maza , presentou a Xunta de Galiza , un informe intitulado "Como mejorar el aprovechamiento forestal en Galicia". Este informe foi elaborado  por  40 expertos forestais  internacionais (como somos indíxenas ,na nosa nación ,non hai personal capacitado) académicos ,administrativos e empresariais. 

No pasado mes de Xullo , pagado cos cartos de todos os galegos e galegas , a Asociación de Becarios  -Fundación Barrié de la Maza , presentou a Xunta de Galiza , un informe intitulado "Como mejorar el aprovechamiento forestal en Galicia". Este informe foi elaborado  por  40 expertos forestais  internacionais (como somos indíxenas ,na nosa nación ,non hai personal capacitado) académicos ,administrativos e empresariais. A opinión dos titulares das terras ,nin se tiveron en conta. Volvemos a época do nepotismo ilustrado . O informe foi dirixido polo socialista, o Sr Gonzalez -Laxe.

"A opinión dos titulares das terras ,nin se tiveron en conta. Volvemos a época do nepotismo ilustrado . O informe foi dirixido polo socialista, o Sr Gonzalez -Laxe."

Como vivimos no reino do papanatismo , e como o informe viña avalado pola consultora The Boston Consulting Group (o inglés imperial, mola) .armou tal barullo nos medios de comunicación social oficiais , que mesmo semellou que descubrian a pedra filosofal . Na sua vanidade de sabios,mais sabios de todos os sabios , mesmo se atreveron a manifestar que seria a  solución para acabar cos lumes forestais .(hai que vender o producto aproveitando a vaga de lumes ). Mais que ven a decir  o informe de estes  sabios?.

Ademais de vaguedades, de todos e todas coñocidas , o informe  prantexa duas cuestions centrais , na liña ideolóxica do Partido Popular e dos intereses capitalistas, que representa. A primeira cuestión
e considerar que o único uso que teñen que ter os montes , é o uso forestal que dén negocio rápido ,as empresas forestais (especies de crecimento rápido e cultivos enerxéticos ) . Desprezan as funcions sociais e medioambientais dos montes e prantexan beneficios fiscais para a actividade empresarial forestal. Como deciase naquela película dos Irmans Marx ," mais madeira". E decir , mais lumes para o territorio galego .

A segunda cuestiòn que prantexan é o roubo descarado dos montes veciñais as comunidades de montes, para ampliar a  base territorial das empresas  e xa que logo , incrementar o seu negocio. Así , para os montes veciñais conveniados e consorciados , exisen a inmediata aplicación da lei de montes de Galiza , actualmente vixente(que vai nesa liña) , e piden que se faga o mesmo ,e decir , que se lle entreguen as empresas privadas forestais ,os montes veciñais que a Xunta de Galiza declareos en estado de abandono ou que carezan de comunidade veciñal .

"Xustifican este roubo, argumentando que a veciñanza comuneira non temos cultura democática para decidir as cuestions en asembleas xerais".

Para os montes veciñais xestionados directamente polas comunidades de montes , como ao dia de hoxe, non poden roubalos ,empregan outra tactica, para acadar os mesmos resultados. É dicir, para que os aproveitamentos de estes montes, vaian na liña dos intereses das empresas forestais .Para conquerir isto, propoñen que estes montes veciñais sexan controlados pola Xunta de Galiza e que sexa esta a que lles indique cales deben ser os aproveitamentos dos seus montes. E se hai algunha comunidade de 
montes rebelde, que se negue a cumplir os seus dictados, que sexan penalizadas, para que aprendan (a vella escola franquista-fascista, ainda vive) .

Como argumentan estes 40 expertos forestais, estes 40 impresentabeis (por non decir outra palabra mais forte que é a que merecen) para xustificar este roubo descarado ?. Pois ,autoprocamándose sumos sa-
cerdotes da verdade absoluta , autonomeandose expendidores oficiais de cartóns de democracia , ser cairlles a cara de vergoña, xustifican este roubo, argumentando que a veciñanza comuneira non temos cultura democática para decidir as cuestions en asembleas xerais. Que non eleximos para os organos de goberno das comunidades de montes as persoas mais listas. E decir que a veciñanza comuneira somos parvos. E como somos parvos, temos que ir guiados da man ,polo capital , polo bon camiño. No seu delirio fascista , estes 40 impresentabeis, mesmo tildan a Xunta de Galiza de cobardia , por non por en practica esta medida antidemocrata, sen mais demora .

O dito, non son 40 expertos forestais .Son os 40 ladróns da cova da Alí Babá .

Comentarios