venres 24.01.2020

Castelao deita luz nas sombras de 2014

Hoxe rendemos homenaxe a memoria inmensa do grande patriota Afonso Daniel R. Castelao, que viu a luz un 30 de xaneiro en Rianxo e pechou os ollos para sempre un 7 de xaneiro de 1950 no exilio porteño, pero a súa luz segue alumeando hoxe como un facho ben aceso aos que seguimos Sempre en Galiza. 

Hoxe rendemos homenaxe a memoria inmensa do grande patriota Afonso Daniel R. Castelao, que viu a luz un 30 de xaneiro en Rianxo e pechou os ollos para sempre un 7 de xaneiro de 1950 no exilio porteño, pero a súa luz segue alumeando hoxe como un facho ben aceso aos que seguimos Sempre en Galiza. 

Hoxe estamos escribindo unha nova páxina no libro aberto da historia do nacionalismo que el contribuíu a chantar sobre alicerces firmes, man con man con outros moitos bos e xenerosos, entre os que ocupou un lugar senlleiro o memorábel Alexandre Bóveda. 

"Houbo que agardar a que a nova xeración –“os novos”- emendara a traizón piñeirista e non sería até 1964 que nacera das cinzas do Consello da Mocidade a primeira organización do nacionalismo moderno herdeira de Castelao".

Aquí estamos un ano máis poñendo a punto a folla de ruta do proxecto nacional que constituíu o cerne do seu ideario.

Ben sabemos que os últimos tempos da vida do compañeiro Daniel estiveron marcados polo cancro que lle devorou as enerxías pero tamén pola desgusto provocado pola cerrazón do republicanismo español –mesmo no exilio- fronte ás aspiracións nacionalistas e, sobre todo, polo sufrimento máis íntimo e sentido provocado pola traizón daqueles que, con Piñeiro á fronte, decidiran acó deixar esmorecer o Partido Galeguista no interior e desvincularse da organización do partido no exilio. Ben sabemos hoxe que aquela desvinculación significaba a ruptura dramática do fío da historia do proxecto nacionalista no interior a man dos que con Piñeiro –e mesmo sen ser plenamente conscientes algúns deles- poñían rumo cara un proxecto político sucursalista, inicialmente sen siglas, disfrazado durante anos dun falso pragmatismo culturalista e que finalmente morrería na irrelevancia predicando a claudicante tese da “galeguización” das forzas estatais. 

Houbo que agardar a que a nova xeración –“os novos”- emendara a traizón piñeirista e non sería até 1964 que nacera das cinzas do Consello da Mocidade a primeira organización do nacionalismo moderno herdeira de Castelao. Precisamente, este ano celebramos o medio século daquel alumbramento: o cincuenta aniversario da UPG, acontecemento que é de [email protected] @s que hoxe profesamos o ideario de Castelao, o ideario da liberación nacional e social alicerzado sobre a base da autoorganización política. 

Cando Castelao nos deixou pra sempre o noso país aterecía na máis profunda noite: atraso, pobreza estrema, fame, miseria, emigración masiva, capitalismo cutre dunha banca española cortesana e uns negociantes cazadores de rendas e concesións nos corredores dos ministerios corruptos do franquismo, ausencia absoluta de liberdades, represión atroz, negación e persecución do idioma e da cultura, clericalismo rancio, etc, etc.

"Este ano celebramos o medio século daquel alumbramento: o cincuenta aniversario da UPG, acontecemento que é de [email protected] @s que hoxe profesamos o ideario de Castelao, o ideario da liberación nacional e social alicerzado sobre a base da autoorganización política". 

Hoxe, por fortuna, a nosa sociedade está ben lonxe daquela realidade cutre mais tamén é certo que estamos sometidos a un programa involutivo da dereita económica e a caverna política que evoca algúns daqueles trazos e fai que esas mesmas palabras volvan ao noso vocabulario. Este País está sometido a un golpe institucional sistemático levado a cabo desde as institucións formalmente democráticas a man dos herdeiros ideolóxicos daquel franquismo autoritario. Trátase dunha involución na que é difícil separar o seu contido de regresión social, de regresión democrática e de regresión no modelo territorial, desmantelando de facto e de iure o autogoberno. Asistimos mesmo o retroceso en termos de liberdades, cunha nova lei de Seguridade Cidadán que criminaliza calquera acto de protesta, reduce a tutela xudicial, pon á cidadanía ao albur dos caprichos da policía e trata de impoñer un retrógrado culto reverencial aos símbolos do estado. 

Hoxe o PP e os poderes económicos teñen en marcha unha verdadeira cruzada contra todas as conquistas dos últimos 35 anos e está empeñado en non deixar en pé nin o esquelete do cativo autogoberno plasmado no seu día no Estatuto. O último paso nesa cruzada é o retallamento do Parlamento de 75 a 61 escanos, deixándoo reducido ao espectro dun parlamento normal: dun tempo a esta parte foron baleirandoo de competencias e, o que é peor, fan ostentación da nula vontade de exercelas. Esfórzanse en transmitir á cidadanía a irrelevancia do Parlamento e a inocuidade das súas decisións. 

"Este País está sometido a un golpe institucional sistemático levado a cabo desde as institucións formalmente democráticas a man dos herdeiros ideolóxicos daquel franquismo autoritario"

O xogo cínico de Feijóo e do PP en resolucións unánimes na Cámara Galega como as do naval ou das preferentes, facendo brindes ao sol en Galiza e votando o contrario en Madrid é unha forma deliberada de desvalorización das competencias e da dignidade do Parlamento. Convertelo no foro de crispación e o circo é outra forma de desvalorizalo a ollos da cidadanía. A puntilla definitiva é deixalo cun tamaño tan reducido que impide desenvolver un traballo lexislativo e de control do goberno dignos de tal nome. 

Algúns caen na inxenuidade –ou no cinismo- de propoñerlle ao PP abrir un diálogo. Non hai nada que negociar cos que teñen a firme vontade de aproveitar a maioría na Cámara para cargarse unilateralmente o autogoberno. Hai que derrotalos na sociedade!!

Por iso e por todo o demais, o BNG non se farta de soprar con forza as buguinas de alarma, como fan os mariñeiros. Temos que facelas bruar coma a “vaca” do faro de Fisterra!. 

Nesta vila que foi berce de Castelao e de tantos outros fachos da valentía modernizadora e libertaria do noso país, como Manuel Antonio ou Rafael Dieste, honrando a memoria de todos eles, temos a obriga que denunciar os ataques que está a recibir o noso pobo, nas condicións de vida, nas laborais, no espolio dos aforros, na explotación como consumidores e usuarios, na mingua de dereitos cívicos, no retroceso dos dereitos das mulleres, nos ataques ao idioma –unhas veces brutais outras sibilinos-, na parálise deliberada da vida cultural e, sobre todo, no desmantelamento sistemático da capacidade de autogoberno e na deturpación da calidade da democracia.

E queremos afirmar aquí, co portelo de 2014 aberto, o noso compromiso inquebrantábel co proxecto emancipador no social e nacional que encarna o nacionalismo do século XXI, o nacionalismo emancipador do BNG. 

As 300.000 persoas paradas, as 100.000 familias que teñen todos os membros en paro, a pobreza rampante, a exclusión galopante, a mocidade emigrada, o esmorecemento demográfico ... son a demostración da inviabilidade do modelo de estado e do modelo neoliberal. Este marco institucional e este modelo de capitalismo parasitario xa non son quen de garantir a inclusión laboral e social e, polo tanto, xa non son quen de garantir as condicións para o progreso da sociedade e a súa vitalidade demográfica. 

"Algúns caen na inxenuidade –ou no cinismo- de propoñerlle ao PP abrir un diálogo. Non hai nada que negociar cos que teñen a firme vontade de aproveitar a maioría na Cámara para cargarse unilateralmente o autogoberno"

A galopante fenda da desigualdade e a gravidade deses desequilibrios laborais e demográficos son a consecuencia do esmorecemento prolongado da economía produtiva a mans dun modelo dominado polas finanzas especulativas, que foron impoñendo desde Bruxelas e desde Madrid. Esa hiperglobalización liberalizadora do comercio industrial, agrícola e dos servizos, a mans da OMC e da Bolkestein, acaba destruíndo a nosa produción e o noso emprego; acaba converténdonos a todos en consumidores de produtos e servizos foráneos e en obrigados pagadores de tarifas, taxas e canons a toda esa trama inmensa de empresas parasitarias concesionarias de servizos públicos privatizados.

Ese modelo de capitalismo neoliberal que pilota a UE e que nos arrastra a todos é letal para a vida dos pobos, impide o seu progreso máis ou menos ordenado e equilibrado. É inviábel, é incompatíbel cun proxecto social inclusivo, leva por diante emprego e benestar e, ao final, pon en risco grande parte das conquistas civilizatorias e democráticas.

Non hai futuro se os beneficios e plusvalías arrancados ao suor dos galegos e galegas no canto de ser investidos no país acaban fuxindo cara a especulación global. Por eses caneiros abertos das Sociedades de Investimento financeiro, Sicavs e fondos levan fuxindo cada ano miles de millóns dos Ortega, dos Fernández de Sousa, dos Jove, dos Méndez, dos Fontenla, dos Silveira, dos Botas (Rumbo1717-Etcheverria), etc. Con esa fuxida continua da nosa plusvalía, do noso excedente non hai país que aguante. Sen reinvestir os beneficios non se poden crear empresas nin emprego no país. Non se pode soster o gasto público e os servizos públicos de calidade para os que os galegos e galegas aportamos todo o noso esforzo.

Non hai futuro se o aforro dos galegos e galegas emigra a través do circuíto dunha banca foránea que opera no país como unha enorme aspiradora, na que a rede de sucursais capta aforro pero non concede crédito para desenvolver a economía produtiva e crear emprego. Como vai haber crecemento sen investimento e sen crédito produtivo?. Como o vai haber se o aforro emigra cara os mercados especulativos globais a través do circuítos da banca e dos fondos?.

Non hai futuro se o noso orzamento público é destinado a engordar as contas de resultados das grandes empresas madrileñas contratistas e concesionarias dos nosos servizos públicos privatizados. O noso orzamento público acaba nas mans dos grandes cazadores de contratos e concesións: FCC das Koplowitz, OHL de Villar Mir,  ACS de Florentino, Vendex, AquaGest-Aqualia. Agora están a caza dos demais servizos públicos para seguir vampirizando o orzamento no futuro: na sanidade, na dependencia, na educación, nas infraestruturas. Xa vemos que día a día van conquistando parcelas, coa complicidade entuasiasta do PP e resignada do PSOE.  Ben sabemos hoxe con todo o que leva agromado nos xulgados nos últimos anos –en particular cos casos Gürtel e Bárcenas- que esa complicidade non é só ideolóxica senón que se tece nas máis noxentas cloacas da gran corrupción das tramas que os financian, desde o Palco do Bernabeu, os campos de golf de la Moraleja ou no Club de Campo.

"As 300.000 persoas paradas, as 100.000 familias que teñen todos os membros en paro, a pobreza rampante, a exclusión galopante, a mocidade emigrada, o esmorecemento demográfico ... son a demostración da inviabilidade do modelo de estado e do modelo neoliberal".

Non hai futuro se os galegos e galegas acabamos convertidos en consumidores cautivos dese capitalismo oligopólico “de contador”, que pase o que pase sempre soben os prezos e aumentan beneficios e dividendos. Vaian como vaian os salarios, vaia como vaian o número de parados nos fogares, vaian como vaian as pensións, vaia como vaia a pobreza o certo é que a luz, a auga, o gas, o lixo, o teléfono, a autoestrada aumentan de xeito inmisericorde os prezos. Para sorpresa dos estudantes de económicas, vemos como aínda que caia a demanda os prezos soben; soben porque estamos cautivos deses oligopolios privados e por riba de todo cautivos duns gobernantes servís comprometidos a garantir a conta de resultados desas empresas oligopólicas, dos seus accionistas –sobre todo bancos- e dos directivos con remuneracións insultantes que superan os 10 millóns de euros e non para de subir. Soben porque o Estado está aí ao seu servizo, para garantirlles todo o que piden a costa de esquilmar [email protected] e [email protected] Aí -no BOE, DOGA e nas Comisións reguladoras- está a outra pata da gran corrupción.

Non hai futuro se @s contribuíntes somos obrigados a endosar a débeda bancaria e asumir sobre as nosas costas o fabuloso custe do rescate dunha banca especulativa e ruinosa. O déficit público e a crecente débeda pública non proceden dun gasto público excesivo –que sempre estivo moi por debaixo da media dos países europeos desenvolvidos- senón que veñen provocados polo endose do rescate bancario, o déficit tarifario das eléctricas, os créditos ruinosos ás empresas de defensa e un sistema fiscal convertido nun auténtico “gruyère” para as grandes fortunas, para as grandes empresas, para os especuladores financeiros, para os negocios opacos das profesións liberais e do ladrillo.

Non hai futuro se no canto de corrixir as eivas profundas que a crise puxo ao descuberto o que fan é impulsar un “capitalismo confiscatorio” para tapar os buratos [email protected] auté[email protected] responsábeis co suor, sufrimento e espolio das vítimas: [email protected], contribuíntes, [email protected] e [email protected] 

Que modelo de sociedade queren construír cando van desmontando as bases de conquistas civilizatorias claves como a sanidade pública e universal ou o sistema público de pensións? 

"Que modelo de sociedade queren construír cando van desmontando as bases de conquistas civilizatorias claves como a sanidade pública e universal ou o sistema público de pensións?" 

Nese marco e con esas políticas non hai futuro. Pero aínda así, a dereita europea e a dereita española están dando un auténtico golpe de estado económico, unha volta de rosca do modelo para levar adiante un bombeo masivo de recursos desde a base da sociedade cara o 1% máis rico. E fano aproveitando a anguria e o medo da xente, aplicando de xeito implacábel esa sibilina “doutrina do shock”, que busca domesticar as conciencias e dominar a sociedade coa administración sistemática da desinformación, o adoutrinamento e a manipulación dos instintos máis primarios dos seres humanos. 

Ese programa da dereita veículizase co bombeo e a transferencia de renda e riqueza de abaixo arriba, que se materializase por unha cuadruple vía que combina explotación e confiscación:

a.    a explotación laboral, coa redución dos salarios e o aumento da plusvalía absoluta
b.    a explotación fiscal, co aumento dos impostos regresivos e todo tipo de taxas, copagamentos
c.    a explotación como [email protected] e [email protected], elevando todos os prezos e tarifas dos servizos públicos básicos privatizados (porque para iso son as privatizacións: para converternos de [email protected] en clientes e explotarnos como [email protected])
d.    e tamén pola explotación/espolio [email protected] [email protected]

O discurso oficial tenta convencer á xente que @s neoliberais están en contra dos impostos e dos gasto público. Non nos cansaremos de dicir que iso é un camelo, unha impostura. O seu verdadeiro programa é atacar o estado social, o estado do benestar público pero non para reducir o gasto público senón para que as grandes empresas poidan acaparar e apropiarse do orzamento público, facer negocio seguro co gasto público, coas concesións e contratas e coa débeda pública. E ese espolio da sociedade, esa acumulación por confiscación da maioría social, vai acompañada da centralización política. 

Por que? Pois ben sinxelo, porque a forma máis fácil de vampirizar ese orzamento público por parte das grandes empresas é que ese orzamento se xestione centralmente, con grandes partidas, unha mesma regulación e un único xestor: mellor un goberno central que moitas autonomías, mellor unha deputación que moitos concellos. 

"Asistimos, pois, a un “golpe de estado económico” pero este non pode darse sen retorcer o funcionamento da democracia, levando adiante un “golpe institucional”.

Asistimos, pois, a un “golpe de estado económico” pero este non pode darse sen retorcer o funcionamento da democracia, levando adiante un “golpe institucional”. Ese golpe institucional no caso español plásmase no reforzo do papel das instancias “tecnocráticas” que executan as súas directrices a través do goberno central –desvalorizando o Parlamento- e baleirando de contido o autogoberno. De feito, todo o paquete lexislativo que desenvolve o “plan estatal de reformas” leva adiante un proceso de centralización sistémico e sistemático de competencias e de orzamentos que deixa esvaído e sen substancia o autogoberno.

Cada lei promulgada nos últimos anos (Leis restruturación financeira, Lei orzamentaria, Lei Wert, lei de unidade mercado, lei de horarios comerciais,...) contén preceptos recentralizadores de competencias, moitas delas abertamente anticonstitucionais e precisamente por iso recorridas por gobernos autónomos como a Generalitat, Junta de Andalucía, etc; non o fai así, por desgraza, esta servil e falta de dignidade Xunta presidida por Feijóo. 

Pero hai leis que teñen como obxectivo central e explícito levar a cabo unha mudanza do marco institucional nesa dirección centralista e de baleirado do autogoberno:

a.    A lei de reforma local que reforza as Deputacións
b.    A batería de medidas impulsadas pola CORA (Comisión para a Reforma das Administracións Públicas)
c.    A redución do Parlamento Galego

En definitiva, amigos e amigas, as políticas do PP non conducen  ningún futuro viábel porque:

-asentan sobre un profundo erro económico: crer que o aforro tira da economía cando son o investimento e o gasto os que a impulsan. De feito coas políticas de recortes aplicadas desde 2010 non contribuíron a aumentara a capacidade de aforro da economía (en contabilidade nacional) senón que a reduciron (e apenas alcanza o 10% do PIB en 2013), ao tempo que levaron a unha continuada destrución de emprego e aumento do paro. (En todo caso, en Galiza os depósitos (56.000 Millóns) superan aos créditos (51.000 Millóns) pero ese aforro emigra e detrás del vai a xente)

-están guiadas por intereses estreitos, dunha minoría centrada na especulación financeira e na captura de rendas cautivas; guiadas por intereses de curto prazo, rentistas, parasitarios, non xeradores de riqueza (o Estado actúa como garante do espolio dos consumidores e contribuíntes)

-supeditada aos intereses duns acredores internacionais dunha débeda que é en parte ilexítima e, en todo caso, responsabilidade súa. 

Pero o BNG non se resigna. As xentes do BNG non renunciamos ao futuro. Galiza ten futuro se os galegos e as galegas queren.

"O primeiro paso é poñerlle o peito ás políticas regresivas do PP, coa protesta, coa insubmisión, co espírito de Riotorto e con alternativas".

Por iso desde o BNG vimos proclamando a necesidade de parar esa deriva suicida e dar unha volta radical ás políticas económicas e fiscais e ao propio modelo social e institucional.

O primeiro paso é poñerlle o peito ás políticas regresivas do PP, coa protesta, coa insubmisión, co espírito de Riotorto e con alternativas.

Galiza precisa un xiro e precisa dalo xa. Cada mes que pasa é tempo perdido e camiño desandado.

Neste ano temos que levar as galegas e os galegos ás urnas para darlle unha resposta contundente a estas políticas da troika e da dereita española, temos que darlle unha resposta a este modelo de Europa que nos leva ao colapso. Temos que batallar alí para darlle a volta a esta UE neoliberal. E temos que poñer en Bruxelas a bandeira de Galiza, para defender con forza os nosos intereses colectivos, os intereses da nosa economía produtiva e os de todas as galegas e galegos e tamén os nosos intereses políticos como nación. 

O noso obxectivo aquí e en Europa é sentar as bases para reconstruír a economía produtiva, poñer as finanzas ao servizo da economía produtiva e o emprego, recuperar a capacidade financeira do sector público cun novo modelo fiscal, fortalecer os servizos públicos básicos e reforzar as institucións democráticas fronte ao poder das finanzas e dos lobbies.

"Temos que poñer en Bruxelas a bandeira de Galiza, para defender con forza os nosos intereses colectivos, os intereses da nosa economía produtiva e os de todas as galegas e galegos e tamén os nosos intereses políticos como nación". 

1.    Mudar o réxime de liberalización comercial e a liberalización dos servizos da Bolkestein 
2.    Mudar a política agraria, a política pesqueira e  a política industrial
3.    Impulsar unha reforma fiscal para:

a.    Gravar as rendas financeiras e especulativas máis que as orixinadas polo traballo ou a produción
b.    incentivar o investimento produtivo no país fronte á deslocalización 
c.    Imposto de grandes fortunas 
d.    Acabar cos paraísos fiscais

4.    Crear as bases para un Sistema financeiro Galego: Banca Pública Galega-Instituto Galego de Crédito
5.    Impulsar unha Mudanza institucional: Reducir e simplificar os niveis administrativos/institucionais

a.    Eliminación das provincias
b.    Eliminación das delegacións do goberno
c.    Reducción do peso do goberno central
d.    Camiñar cara unha estrutura básica centrada en concellos, comarcas, Galiza, UE.
Isto reduciría custes, aumentaría a eficiencia, axilidade, eficacia e adaptabilidade ás necesidades da nosa economía

    6. Todo iso pasa por unha profunda mudanza política:  reforzar autogoberno camiño da Soberanía
-soberanía fronte a globalización neoliberal
-soberanía fronte á UE neoliberal
-soberanía fronte ao centralismo madrileño

Avanzar nesa dirección require vontade política. Xa o proclamaba Castelao en 1943: “Galiza, pois, conta con todos os atributos histórico-naturaes que caracterizan as verdadeiras nacionalidades; pero fáltalle algo moi importante para ser perfeita: fáltalle a independencia política, o goberno propio, que toda sociedade humana necesita”. 
“Eu, polo tanto, confío na soberanía natural de Galiza, que soio agarda por unha rexa vontade colectiva para facerse respetar” (Sempre en Galiza)

O que nós hoxe temos que plantexarnos é COMO?:

-Temos que conquistar as institucións actuais para avanzar cara un escenario de soberanía, desprazando aos actuais ocupantes, que non cren nelas e están converténdoas en cascas baleiras. Por cativas que sexan, para nós teñen que ser unha panca para poder pilotar un salto adiante.
-Para iso temos que gañar a maioría e iso empeza por conquistar a hexemonía dentro do espazo da esquerda en Galiza para liderar unha alternativa ao PP
-Seguindo o exemplo doutros pobos sabemos que Europa pode ser un camiño táctico cara a soberanía: a ruptura co estado central español pode ser máis facilmente imaxinábel para a poboacións e máis facilmente materializábel no marco internacional dentro dun espazo integrado.

"A ruptura co estado central español pode ser máis facilmente imaxinábel para a poboacións e máis facilmente materializábel no marco internacional dentro dun espazo integrado".

Para que todo iso sexa posíbel e supoña pasos en sentido progresivo:
    a. cómpre mudar Galiza para que Galiza teña soberanía e sexa un país normal en Europa
    b. cómpre mudar Europa para que Galiza sobreviva e teña futuro.

O debate da esquerda e o espellismo federalista

No BNG temos moi claro que non hai proxecto posible de esquerdas sen soberanía para exercitalo. Sen romper coa hiperglobalización neoliberal, sen romper co poder omnímodo do capital financeiro e dos mercados, sen ter control efectivo da economía e dos fluxos externos, sen soberanía, é imposíbel levar adiante unha política económica e social de esquerdas. Iso mesmo quere dicir que sen esa soberanía real –sabendo que nunca é absoluta- é imposíbel unha democracia digna de tal nome, na que as decisións do pobo teñan unha mínima posibilidade de efectivizarse.

Nese sentido, as aspiracións soberanistas das nacións europeas como Escocia, Flandes, Catalunya, Euskadi ou nós responden a esa necesidade de dotármonos de instrumentos poderosos para dirixir a nosa economía en interese do noso pobo.

Galiza ten que procurar a súa presenza directa e sen intermediarios no concerto internacional e, en particular, na UE, onde se xogan os nosos intereses estratéxicos.

"Non imos caer no espellismo do “federalismo” das esquerdas españolas: como dicía Castelao, son federalistas de “boquilla” cando están lonxe de ter o poder, pero vóltanse centralista cando se acercan ao poder".

Non imos caer no espellismo do “federalismo” das esquerdas españolas: como dicía Castelao, son federalistas de “boquilla” cando están lonxe de ter o poder, pero vóltanse centralista cando se acercan ao poder.

Descorazonado despois de tantos anos de esforzos inúteis para convencer aos republicáns españois, dicía Castelao en 1948,: “ocorre que os demócratas hespañoes sempre alardean de federalistas –ao xeito de Proudhon, claro está- cando se ven caídos e alonxados do poder; pero en canto ventan algún ascenso ou recobran a esperanza de gobernar, entón soio pensan nas vantaxes de concentrar os mandos en Madrid, porque esa é a maneira de que os mandos cheguen ás súas mans ou ás do seu partido, e con gran cinismo proclaman que a Federación non ten outro obxecto que unir o que está separado e que Hespaña non só está unida senón que é unha nación única e indivisíbel. Lembremos o que sucedeu coa primeira República e coa segunda, que por non seren federaes morreron a mans do mesmo agresor, e pensemos que os que agora se proclaman federalistas volverían ser unitarios”.

Iso que Castelao tiña moi claro en 1948 parece que algúns e algunhas da familia nacionalista non o teñen tan claro 66 anos despois. Algúns e algunhas non escarmentan. Pero a forza dos feitos [email protected] escarmentando e poñendo a cada quen no seu sitio. E nese momento darémoslles a benvida como Castelao lla dera tamén a Antón Vilar Ponte cando volveu ao Partido Galeguista en 1934: “Antón embarcárase na compaña duns amigos de ocasión que prometeron reclamar as garantías que Galiza necesitaba par’o desenrolo normal da súa economía e par’a diñificación da súa vida política. Nós sentiamos non estar posuídos do mesmo optimismo que tiñan algúns irmáns nosos, e quedámonos a coidar máis amorosamente do noso Ideal.(...) Antón Vilar Ponte volve da súa inútil esperencia e vén a nós seguro de que as súas ilusións de galeguista e de republicano cumpriranse dentro do noso Partido. Os meus brazos de vello irmán e compañeiro nas Cortes constituíntes recíbeno co agarimo de sempre” (Castelao, ANT, 1934). 

"Darémoslles a benvida como Castelao lla dera tamén a Antón Vilar Ponte cando volveu ao Partido Galeguista en 1934"

Así o faremos nós, con todos os compañeiros e compañeiras nacionalistas que volten da “súa inútil esperencia” e agardo que sexa máis cedo que tarde!

E terá que ser así porque como dicía Castelao en 1946: “A salvación de Galiza depende da súa propia libertade política”. E nesa obra “hai sitio pra todos”, como escribía Castelao naquela fermosa estampa que abre o album Nós. Non sobra ninguén.

Longa vida a Castelao!
Viva Galiza Ceibe!

Rianxo 11 de xaneiro de 2014

Xavier Vence
 

Castelao deita luz nas sombras de 2014
comentarios