Opinión

O uso das linguas cooficiais no Congreso dos Deputados

O Congreso aprobou a reforma do seu regulamento para permitir o uso das linguas cooficiais.

O pasado martes 19 de setembro, despois de moitos anos impedíndolles a os deputados  expresarse nas súas linguas, galego, catalán e euskera, foi o día para exercer este dereito. Este feito reflexará a riqueza lingüística do Estado Español.

O primeiro deputado en exercer este dereito foi o galego Xosé Ramón Gómez Besteiro (PSdeG) que aproveitou para facer un discurso bilingüe defendendo que “a diversidade non vai en detrimento da unidade”. Xulio Torrado do PSdeG cre que a elección de este deputado para facer uso do galego na Cámara Baixa demostra a forza que ten o PSdeG dentro do PSOE.

Pero foi Néstor Rego o primeiro deputado que fixo o seu discurso integramente en galego manifestando que “hoxe é o recoñecemento práctico de que no Estado convivimos nacións e pobos diferentes, que temos lingua propia e dereito a usala”. Engadindo que “hoxe o galego da un paso máis, detrás virán outros”.

Os deputados de Vox comandados por Abascal abandonaron o hemiciclo en canto Besteiro escomezou o seu discurso, non sen antes deixar os seus pinganillos enriba do escano de Pedro Sánchez. Por sorte este non se encontraba no Congreso pois dixeron que lles houbera gustado zafrarllos a cara. Estas actitudes din moito negativo de este partido e da súa intolerancia. Uns señores deputados que non admiten un estado plurinacional, plurilingüístico e pluricultural dentro do Estado Español.

Nestes momentos non debería de haber ningunha escusa para non poder utilizar no Congreso tódalas linguas cooficiais do Estado pois as novas tecnoloxías facilítannos a tradución simultánea ao castelán para todos aqueles que non entendan a lingua na que cada deputado se está a expresar.

O uso das linguas cooficiais en Cortes Xerais fará que moitos cidadáns galegos, cataláns e euskaldúns se sintan atraídos e representados polo seu idioma na política estatal. É unha loita de anos. Lembro cando Pilar Rahola leu un poema en catalán no Congreso e se lle votaron todos enriba, este é un pequeno avance que podería chegar, se se dera o caso, a que o Diario de Sesións se escribira en tódolos idiomas do Estado.

Traballemos por un Estado plurinacional, pluricultural e plurilingüe en tódolos seus escritos e en tódolos casos en que a cidadanía queira facer calquera tipo de xestión.   

Comentarios