Opinión

REDE

De “A Vangarda dos Residentes” e o “Consello dos Residentes” a REDE e o traballo exterior.

Como xa sabedes pasei dous anos na residencia de maiores Domus-Vi San Lázaro pola amputación dunha perna. O 22 de xaneiro chegou o día de voltar á casa.

Xa comentei noutros artigos deste diario como montei en Domus-Vi “A Vangarda dos Residentes” e pasei tamén a formar parte do “Consello dos Residentes”, onde estamos representados empresa e residentes.

Agora dende a casa plantéxome traballar neste mesmo asunto dende fóra. Foi así como contactei co presidente da Federación de Familiares e Usuarios de Residencias e da Dependencia (REDE), Paulino Campos. REDE ten máis de 1.000 membros que non pagan cuota e basicamente adícanse a temas de prensa para cambiar o modelo de residencias. Paulino Campos está moi interesado neste tema e adícalle moito tempo; foi por iso que contactou comigo aínda estando eu na residencia, a onde acudiu facer unha visita non anunciada.

Decidín buscar novos camiños onde poida aprender sobre as residencias tanto públicas coma privadas e o SAF (Servizo de Axuda no Fogar), que é o que eu teño agora na casa.

Espero non trabucarme de organización e aprender todo o que poida da miña nova adicación.

Comentarios