Opinión

'Lúa Nova', revista galega de cultura

É este o número 64 da revista publicada na emigración. Revista de gran calidade (64 páxinas, papel excelente e moi boa maquetación) que dirixe o meu gran amigo Antonio Díaz Fernández. A parte de producción e edición e realizada por ACEGA-edicións (asociación para a comunicación cos emigrantes galegos). Son bo coñecedor deste traballo por ser secretario e voceiro de ACEGA no centro Rosalía de Castro en Cornellá.

Neste número da revista hai unha semblanza sobre a traxectoria literaria e cultural de Basilio Losada, colaborador habitual desta revista, dende o punto de vista dun seu alumno. Todos os que coñecemos a Basilio temos que falar ben de él tanto a nivel persoal como académico. Tamen eu comencei sendo alumno seu e rematamos sendo amigos. Dunha volta, despois da publicación do libro “A emigración galega na Unión Europea”,  organicei un debate con un cento de persoas e Basilio non dubidou en participar nel facendo importantes aportacións o tema.

Tamén a Anxo Carracedo, investigador na oncoloxía clínica, se lle adica un espazo o otorgarlle o premio Otero Pedrayo por, entre outras cousas, ser quen de espallar arreo a cultura da Galiza.

E de suliñar o artigo que se lle adica a Concepción Arenal escrito en catalán. As linguas unen os povos, non os separan.

Estas son só pequenas mostras do que contén o últimos número de esta revista. Penso que 'Lúa Nova' é a mellor revista da emigración galega en Catalunya.

ACEGA-edicións ten publicado e editado varios libros, entre eles algún meu ( “A emigración galega na Unión Europea”, “República galega”, “Palabra de Patriotas”, “ A trampa da cocaína”),  outros do seu presidente ( “Conversas cun zoqueiro” adicado a seu pai) e outros de varios autores. Realiza ACEGA-edicións unha importante función no espallamento da cultura galega.

Cando comencei a interesarme profundamente pola emigración galega en Catalunya coñecín a Antonio Díaz Fernández xunto a outros intelectuais (Ramón López, Xulio Couxil, Henrique Fernández-Mon e Emilio Vicente o máis xoven pero con un pensamento moi avanzado) que formaban parte dá Asociación Rosalía de Castro e se adicaban a organizar teatro en galego, facían un programa de radio en Cornellá “Sempre en Galiza” e a escribir a revista 'Lúa Nova'.

Ainda hoxe topo en falta un discurso compartido por tódalas entidades galegas en Catalunya, a Unión Europea e o resto do mundo para a defensa do retorno dos emigrantes a Galiza. O libro “A emigración galega na Unión Europea” quixo ser iso, un discurso común, pero non chegou a conquerir os logros que se perseguían no mundo da emigración.

É importante que o nacionalismo galego se tome en serio o tema da emigración. O BNG ten unha comisión nacional da emigración que  dirixe  Ana Miranda coa que eu colaborei. Temos que conquerir un país que conte co retorno a Galiza de tódolos emigrantes que o desexen.            

Comentarios