Opinión

Discurso de Néstor Rego cando foi elexido secretario xeral da UPG

Fun un dos invitados a aquel congreso. Lembro que no discurso pronunciado manifestou que a UPG (Unión do Povo Galego) era o partido da República, pero non da República española senón da República galega. Nestor Rego tamén expresou que xa sabía que se ía criticar a UPG por declararse comunista no século XXI.  Non agochou Néstor Rego o seu pensamento nomeando a República galega e o comunismo senón que o fixo explícito.

Esas dúas ideas: “República galega” e “Comunismo” conviven conmigo dende rapaz. A miña militancia política comenzou no ano 1982 no Partit Socialista d'Alliberament Nacional dels Països Catalans (PSAN).

No ano 1991 disolveuse “Terra Lliure”. No 1992 o xuíz Carlos Bueren detivo a catro persoas para facer o que el chamou un “libro branco”. O ministro de xustiza daquela (PSOE) dixo que se Bueren nos ingresaba no carcere sería o goberno quen nos indultaría.

Jordi Pujol (President da Generalitat de Catalunya) pediu a nosa liberdade argumentando que en Catalunya xa non existía a violencia política.

No ano 1992 comencei a militar en Esquerra Republicana de Catalunya onde formei parte de seu “Consell Nacional”.

As ideas que o PSAN manexaba nos anos 80 eran moi semellantes ás da UPG na Galiza. Foron estes anos moi importantes para o nacionalismo galego e para o independentismo catalá e de Euskal Herría.

Nesa mesma época durante o goberno do PSOE de Felipe González dous mercenarios a soldo dos GAL asasinaron a Santiago Brouard (presidente de Hasi en Euskal Herria). Foi o primeiro atentado dos GAL, que nunca foi recoñecido nin reivindicado.

Unha etapa importante a dos anos 80, onde comenzou a pacificación de ETA en Euskal Herría e a de Terra Lliure en Catalunya. Foron procesos distintos pero o resultado final foi a desaparición da loita armada e a utilización da vía política para conquerir a autodeterminación nas tres nacións históricas que están integradas no Estado español.

Os españois dicían “Todo es posible en ausencia de violencia”. Pero iso non se fixo realidade pois encarcelaron os líderes independentistas cataláns e non aceptaron os seus postulados nin defendéndoos de forma pacífica.

Comentarios