Opinión

As “cloacas” do Estado existen

Lembro cando nos detiveron o 9 de decembro do 1992 a Agustí Cerdá, Gustau Navarro, Jordi Vera máis a min que alí se me manifestaron as cloacas do Estado en vivo e en directo. Só no camiño da IV Comandancia da Garda Civil en Barcelona a Dirección Xeral da Garda Civil en Madrid nun coche con catro membros do servizo de información da Garda Civil e con un pano tapándonos os ollos para non poder velos xa era unha manifestación de como funcionaban estos corpos.

A min na Dirección Xeral da Garda Civil en Madrid espíronme e tivéronme pasando frío, a Gustau Navarro peoducíronlle unha hematoma na barriga e Agustí Cerdá nos pés, golpes que amosaron a prensa. Os interrogatorios eran un detrás de outro sen deixarte dormir. Foron cinco días interminables nos que hai que ter a cabeza moi ben amueblada para non rendirte e contar todo o que sabes. Acusábannos de pertencer a Terra Lliure xusto o ano das Olimpiadas de Barcelona.

Ata hai pouco Billy El Niño estaba cobrando unha pensión por unha medalla concedida por torturar durante o Réxime Franquista.

Non hai tanto que o goberno do PSOE de Felipe González tiña actuando o grupo dos GAL que asasinaba e secuestraba a presuntos membros da ETA e por equivocación cairían tamen persoas que non tiñan nada que ver con ela coma Segundo Marei.

Lembro o caso do xornalista da COPE, Antonio Herrero, que faleceu practicando submarinismo. Este denunciara as corruptelas dos gobernos de González e enfrontárase verbalmente a Aznar que chegou a pedir a súa cabeza. O día anterior a súa morte foran invitados a unha cea en Moncloa dous xornalistas da COPE, Federico Jiménez Losantos e Luis Herrero, donde Aznar lles propuxo que o botaran fóra e se lle fixera o valeiro. Posteriormente Losantos sacou un ártigo no que manifestaba que o Estado estaba preparado para provocar unha morte, así non acusou a nadie, deixouno ahí.

As forzas policiais siguen a ter no seu interior a torturadores que aínda non foron expulsados dos seus postos. Quen diga que as cloacas do Estado non existen ou minte ou é ignorante na materia.

Comentarios