Opinión

O maquinista do Alvia ou como escapulir responsabilidades

Todos din o mesmo: a culpa foi dun exceso de velocidade provocado pola falla de atención do maquinista. 

Todos din o mesmo: a culpa foi dun exceso de velocidade provocado pola falla de atención do maquinista. 

Volvese a falar do acidente de Angrois, pero vólvese falar nos mesmos termos enganadores de sempre para tratar de escapulir responsabilidades

"As medidas para a reducción automática da velocidade non estaban instaladas; nunca o estiveron".

Estamos a falar dunha curva, a de Angrois, na que  a velocidade estaba limitada a 80Km/h e o tren pasou a 180. Esto é así e, loxicamente, o tren ía manexado polo maquinista. Pero tamén é certo que as medidas para a reducción automática da velocidade non estaban instaladas; nunca o estiveron. 

A liña inaugurouse así  por premura política e, por non ter, o tren non tiña sequera dous maquinistas (o que reduciría á metade o erro humano sempre posible) No proxecto constructivo non figura o ERTMS, fundamental para evitar velocidades indebidas, aínda que tamén compre dicir que este sistema se usa sobre todo para o AVE (Alta Velocidade entre os 300/350 Km/h) o que non é o caso de esta liña nin de ningunha outra na Galiza donde se constrúe con Velocidade Alta  (+/- 250 Km/h) 

En resumo, para evitar a traxedia só se podía contar ca infalibilidade do maquinista e, como resulta obvio, este fallou.

>"Para evitar a traxedia só se podía contar ca infalibilidade do maquinista e, como resulta obvio, este fallou".

Mesmo teño oído comentar posibles erros como o da zapata e outros semellantes que me resultan moi difíciles de creer, porque de ser así, serían erros en cadea que afectan a mecánicos, técnicos e incluso  persoal do tren: Chegarían do principio ó fin da cadea. Creo que o erro ven de mais atrás:

Na década dos 70 do pasado século construiuse o denominado  “Plan de Acesos a Galicia”. Esto era a unión por estrada de Madrid ca Coruña e con Vigo, os chamados accesos norte e aceso sur ou sexa a aplicación dun sistema radial  de comunicacións tomando Madrid como centro e completando cun esbozo de sistema poligonal que unía A Coruña con Vigo a través da auto-estrada do Atlántico. Estas infraestructuras non vertebraron o país pero sí que aumentaron as diferencias económicas entre a franxa atlántica e o interior. Non eran ningunha novidade, só unha corrección das que xa había. Pero para daquela non había un goberno galego, inda que sí había persoaxes ou persoeiros que presumian de galegos e que só se preocuparon do seu propio interese e, en todo caso, de que a nova estrada pasara pola súa vila por siacaso...

"Somos unha colonia na que por non haber, non hai sequera interés, que temos un tren de velocidade alta ó que chamamos alta velocidade e que non nos sirve nin para levar mercadorias". 

Xa en pleno exercicio da autonomia construense as Autovias galegas, e unha vez mais repitese o de sempre, ou sexa unha planificación deseñada  polo poder central sin que o goberno galego velara porque se cumprira a función social; non implicándose na construcción; nin no trazado; nin nas características da obra, que a grandes rasgos, consisteu  tamen en facer o  acceso norte e o sur nun trazado semellante  ó de Accesos a Galicia, só que  en  formato autovia. Esto abondou mais nas desigualdades dentro de Galiza e as nosas autoridades autonomicas so se interesaron polo momento de sair  na foto, pero non por reclamar e exercer as competencias como un verdadeiro goberno que defenda a este país.

En resumen, duas grandes obras de infraestructuras na Galiza,  casi iguais, diseñadas e construidas polo goberno central. Pero aínda faltaba outra: O Ferrocarril  tamén co trazado de sempre, radial a partir de Madrid a Vigo e a Coruña; logo enlazar Coruña e Vigo e xa está. Aquí non hai competencias, non hai política propia, non hai nada, somos unha colonia na que por non haber, non hai sequera interés, que temos un tren de velocidade alta ó que chamamos alta velocidade e que non nos sirve nin para levar mercadorias. O AVE á Galiza fíxose de costas a Galiza salvando o interese que algúns gobernos municipais manifestaron para que as estacións quedaran no corazón das cidades desvotando a idea de levar a vía fora o que trouxo como consecuencia que un tren circulando a 200Km/h teña que reducir a velocidade a 80Km/h en moi pouco espacio para entrar nunha estación. E si a esto lle sumamos que os sistemas de seguridade e frenado non se instalaron, porque saían moi caros, ou porque non viñan no proxecto ou polo que fora... deixouse toda a seguridade na suposición de infalibilidade dunha persoa: o maquinista que agora ven resultando que é o único culpable. ¡Qué cousa mais práctica o de saber escapulir responsabilidades!

Comentarios