Opinión

Censuran Palestina e os dereitos na UE

[Alberte Mera]

O que  presentan como estandarte da democracia, o Parlamento Europeo, está a practicar a censura. Á eurodeputada Ana Miranda (BNG) retiráronlle a palabra hai uns días por levar unha camiseta antifascista e en defensa dos dereitos LGBT. “Samuel Luiz foi asasinado na Coruña por ser homosexual”, dixo, cando lle prohibiron seguir falando. Onte, ao eurodeputado Manuel Pineda (Izquierda Unida) foille prohibido intervir por levar un pano palestino.

Denunciou que tal decisión “é un paso máis da UE na persecución da solidariedade con Palestina”. Si puido -e esperemos que nunca se prohiba- levar onte o pano palestino a deputada Montse Prado (BNG), que o portou desde a mesa presidencial do Parlamento da Galiza, nun xesto claro de valentía e solidariedade.

O caso da UE mostra a cerrazón dos poderes económicos e mediáticos que sen fisuras impulsan Israel no masacre de palestinos. Empregan terrorismo para referirse a Palestina. A Israel só lle piden ser “máis proporcionada” nos bombardeos. O Goberno francés apunta co dedo o futbolista Benzema por simpatizar con Palestina.

Unha UE, con Gobernos de dereita e social-liberais que abandonaron, quen o tivo, o apoio —timorato no pasado a Palestina para defender con garras o sionismo e o enclave estadounidense en Oriente Medio. Para a UE non son iguais todas as vidas. A paz precisa respecto ás vidas, aos pobos e á súa soberanía.

Comentarios