Opinión

A criminalización da protesta social, a criminalización do nacionalismo

Non escolle os seus albos por acaso o Estado español. A denuncia formulada pola policía contra tres militantes do Bloque Nacionalista Galego.

Non escolle os seus albos por acaso o Estado español. A denuncia formulada pola policía contra tres militantes do Bloque Nacionalista Galego pola súa participación nas mobilizacións contra a presenza de Merkel en Compostela é, para alén da súa despropositada formulación xurídica, un elo máis na cadea de episodios represivos que está a sofrer o sector da sociedade galega que se mobiliza en defensa dos seus lexítimos dereitos. Non é gratuíto que se denuncie a tres militantes nacionalistas porque a criminalización da protesta social e a criminalización do nacionalismo son, na Galiza, as dúas caras da mesma moeda. Foi o nacionalismo galego quen basicamente acompañou as loitas das persoas afectadas polo calote das preferentes ou as mobilizacións das e dos emigrantes retornados, perseguidos inxustamente polo Ministerio de Facenda, entre outros colectivos.

O 26 de agosto, as forzas de seguridade do Estado cargaron desproporcionadamente contra cidadás e cidadáns deste país que querían acceder ao Obradoiro para patentizar a súa oposición ás políticas en curso impostas na UE pola chanceler Merkel. Hai fotos a disposición de todas e de todos que testemuñan quen foron as persoas agredidas e quen foron os agresores. Agora, nunha monstruosa inversión da realidade, a policía acusa a tres militantes nacionalistas e un xuíz abre dilixencias das que mesmo poderían resultar responsabilidades penais. 

 Hai fotos a disposición de todas e de todos que testemuñan quen foron as persoas agredidas e quen foron os agresores

As liberdades cívicas están nun serio risco no Estado español. A lei mordaza é un atentado gravísimo contra a democracia. Que se outorgue presunción de veracidade aos axentes de policía deixa as cidadás e os cidadáns nun estado de indefensión absoluta. Ese Estado que aposta nas vías represivas nun momento de profunda crise social ten claro quen é o seu inimigo a bater na Galiza. É o nacionalismo galego.

Comentarios