Opinión

Castelao na Audiencia Nacional española

24, 25, 26, 27 de xuño de 2013. Calle Límite. San Fernando de Henares, Madrid. Dependencias da Audiencia Nacional, ese tribunal de excepción que substitúe o Tribunal de Orden Público fascista. Xuízo contra independentistas acusados de pertenceren a unha banda armada terrorista: tres homes e unha muller. 3 galegos, encerrados nunha gaiola transparente (por que os pecharían alí dentro durante as catro sesións?), e unha galega, sentada perante o tribunal. Velaí a pena solicitada polo fiscal:  64 anos de prisión; se o escribimos en letra, como nos talóns bancarios, fica así: sesenta e catro anos. 

24, 25, 26, 27 de xuño de 2013. Calle Límite. San Fernando de Henares, Madrid. Dependencias da Audiencia Nacional, ese tribunal de excepción que substitúe o Tribunal de Orden Público fascista. Xuízo contra independentistas acusados de pertenceren a unha banda armada terrorista: tres homes e unha muller. 3 galegos, encerrados nunha gaiola transparente (por que os pecharían alí dentro durante as catro sesións?), e unha galega, sentada perante o tribunal. Velaí a pena solicitada polo fiscal:  64 anos de prisión; se o escribimos en letra, como nos talóns bancarios, fica así: sesenta e catro anos. 

"Alí fálase de partidos legais como a UPG, e algún dos repetitivos informes policiais do sumario mesmo sitúa o inicio da actividade terrorista en Galicia....nos tempos da guerrilla antifranquista!"

Preguntas elementais: que fixeron os tres mozos, a moza, contra que atentaron, que danos causaron, que temor crean na poboación galega, que probas ten a acusación de que sexan terroristas?: no xuízo, diso non se dixo absolutamente nada. Outra pregunta máis: que probas ten a acusación de que existe unha organización terrorista en Galicia? Polo que se escoitou naquela sala, ningún dos portavoces parlamentares dos grupos con representación na Parlamento Galego, ningún  coñecía a súa existencia, como tamén non sabía nada diso a poboación galega que responde as enquisas do CIS.  Non obstante, todo un Secretario de Estado do Ministerio de Interior declara, o segundo día do xuízo, en rolda de prensa, que a Audiencia Nacional  debe condenar esa "organización terrorista", que el ten constancia de que realmente existe en Galicia.

Cumpriría ver completa a gravación da vista oral, armarse de paciencia e facer unha análise serena e rigorosa, para ordenar o remexido que a acusación presenta. Alí fálase de partidos legais como a UPG, e algún dos repetitivos informes policiais do sumario mesmo sitúa o inicio da actividade terrorista en Galicia....nos tempos da guerrilla antifranquista!  A "intelixencia" da policía e da Garda Civil puido defender estas súas teses sen interrupción ningunha. Os avogados dos acusados non puideron preguntarlles nada aos peritos policiais, e os peritos da defensa foron expulsados cando tentaban expoñer os seus argumentos, malia a  protesta dos avogados.

O chamado Ministerio Público, o fiscal, fica en silencio cando o xuíz suspende, arbitrariamente, a proba pericial. E que o fiscal non tería a obriga de velar polo cumprimento da legalidade, neste caso pola limpeza dun proceso xudicial?. 

Os avogados dos acusados non puideron preguntarlles nada aos peritos policiais, e os peritos da defensa foron expulsados cando tentaban expoñer os seus argumentos, malia a  protesta dos avogados.

Neste remexido de "argumentos" da acusación, no que unha das testemuñas, un membro numerado das forzas de seguridade do Estado, recoñece que a el lle dá igual o réxime ao que deba servir, pois o terrorismo é o terrorismo, neste remexido un dos elementos na contra dos acusados é un escudo, o mesmo que Castelao deseñara coa idea de convertelo en escudo de Galicia (quen escribe ve moi probable que ese sería o noso escudo galego se no Estado Español houber, no seu día, ruptura democrática, e se enterrasen os tribunais de excepción no "Valle de los Caídos"). Falamos da serea dos Mariños, coa súa lenda, entre nós tan coñecida: denantes mortos que escravos.

Así o escoitamos: unha testemuña policial explica que os membros da "organización terrorista" utilizan ese lema: denantes mortos que escravos. Tradúceo ao castelán, e di que lle parece que non é deles, a idea, que o texto non é orixinal dos terroristas, que seica é dun tal Castelao.

O Ministerio Público tamén fala do escudo, cando lle toca expoñer as súas conclusións, ou sexa as mesmas que o levan a pedir unha pena de sesenta e catro anos de prisión para catro persoas. Explica que lle parece que o lema vén da Arxentina, do Terzo de Galegos que loita aló, no século XIX, contra os ingleses. Non semella que o diga con moito convencemento, como se este Terzo de Galegos en Arxentina non o estudara o señor fiscal na súa Historia Española do bacharelato.

Así o escoitamos: unha testemuña policial explica que os membros da "organización terrorista" utilizan ese lema: denantes mortos que escravos. Tradúceo ao castelán, e di que lle parece que non é deles, a idea, que o texto non é orixinal dos terroristas, que seica é dun tal Castelao.

A seguir, unha pequena digresión lingüística do representante do Ministerio Público. Di que a frase comeza por "denantes", e asegura que esta é unha palabra que non sae nos dicionarios galegos. Que repare o Tribunal neste aspecto: en realidade, o lema non é unha invención dos acusados, aínda que sexa utilizado polos "terroristas". A frase comeza por "denantes", palabra inventada.

Nesta terra sabemos que "denantes" está documentada no século XVIII, e que os dicionarios que se foron facendo de alí en diante concedéronlle a súa respectiva entrada, antes e despois de a serea dos Mariños campar co seu "denantes" no deseño de Castelao.

Confeso que non sei a que veu aquela exhibición pública de ignorancia de léxico galego do señor fiscal. El sería por facer xogo co resto dos seus argumentos de acusación?

Mais xa sabemos que presumir de ignorancia do galego, e de todo o que pasa en Galicia, non é ningún demérito en Madrid: a ver se os van condenar, a Castelao e mais os acusados e a acusada, por utilizar unha palabra que non sae nos dicionarios.

Sesenta e catro anos.

Xosé Luís Santos Cabanas
7 7 13

Comentarios