Opinión

A miña reflexión post-electoral

Pois veredes: non era o resultado que eu quería. Pois claro que non. E estou convencido de que é unha desfeita. Claro que si. E cústame entender que a meirande parte da xente desexe máis recortes, e máis sanidade privada e máis ensino de pago, e que os dependentes perdan a axuda. E máis contratos-lixo, etc. E os ataques ao galego e á nosa cultura. Claro que me custa entender iso e me magoa no corazón o resultado.

Pero veredes: eu mañá voulle dedicar un cachiño de tempo á miña novela a ver se me sae mellor que a última. E pola tarde vou impartir un obradoiro literario con toda a ilusión do mundo, encantado da vida de que a xente se anotase. E durante o día hei ter conversas coa xente que quero e que me quere, e direille algo positivo aos meus fillos. E teño pensado que mañá é un día perfecto para entender que o país que eu quero non é o que representa o partido (aínda) máis votado. Que quero outro. Que desexo outro. Que estou convencido de que outro é mellor ca este que van deixarnos, que están facendo ou des-facendo. E polo que a min respecta, mañá non penso gastar un miligramo en procurar responsables, nin en refundar, nin en criticar, nin en investigar onde se meteu a zoca nin en nada que non sexa a loita continua para o mundo que creo mellor para o meu fillo e a miña filla e a xente que necesita esperanza. Para min mañá, como escribín aquí mesmo hai catro anos, empeza de novo outra etapa, na que penso facer o que poida por mellorar a miña realidade e a da xente que quero. E teño que ver o xeito de que os versos me saian máis xeitosos. E investigar a maneira de ser mellor persoa. Mellor escritor. Mellor galego. Mellor profesional da cultura galega que se fai en galego.

Veredes: non sei vós. Pero para min, mañá, Galicia seguirá sendo un obxectivo fermoso polo que traballar. Un país lindo para vivir. O lugar onde quero seguir construíndo soños.

A min non me vale outra alternativa.

De feito, son incapaz de pensar noutra.

Comentarios