Teatro | 'Cousas'

04 xul. 2025 a 04 xul. 2025
20:00 h a 22:00 h
Auditorio Municipal Carmen Estévez, Vilalba
Os Quinquilláns
2025_07_04_p4.3_cousas_vilalba
Tero Rodríguez durante a representación da obra.

Os Quinquillans celebran o Ano Castelao cunha divertida versión de Cousas na que están presentes os
grandes temas do orixinal; ecoloxía, solidariedade, emigración, xustiza social...
O retranqueiro burro dun dos contos, transunto do propio Castelao, enlaza as escenas entre as que se
encontran “O pai de Migueliño”, “A Marquesiña”, “O escuro caletre de Martiño” ou “Aínda eu non nascera”.
A montaxe transita entre a traxedia, a comedia e a farsa co obxectivo de respectar a lingua, a época e o
ambiente do Rianxo natal dun autor cheo de sensibilidade persoal, artística e social.
Orjais, responsable do Fondo Local de Música de Rianxo, incorpora un tema de Aida Saco e pezas vinculadas
a Castelao coma o “Alalá do mozo”, interpretado na estrea en Bos Aires de Os vellos non deben de namorarse
ou unha Muiñeira cantada por Castelao a Jesús Bal y Gay e recollida no seu cancioneiro.

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), co patrocinio e financiación da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de
Lugo, e coa colaboración do Concello de Vilalba fan posible esta adaptación teatral.