Enquisa

Que che parece a nova normativa de circulación para o patinete eléctrico en Vigo?

Presentación duns patinetes eléctricos en Madrid, o pasado outubro. (Foto: Europa Press)
photo_camera Presentación duns patinetes eléctricos en Madrid, o pasado outubro (Foto: Europa Press).

O Goberno local de Vigo vén de aprobar unha norma que obrigará as persoas usuarias de patinete eléctrico a levaren casco e portaren roupa reflectante. A norma estipula que quedará prohibido usar estes vehículos en grandes estradas da cidade, así como as de carácter interurbano. Tamén estará limitado o emprego en zonas peonís, a excepción da área de Bouzas e o Casco Vello. Nestes lugares a velocidade máxima será de 10 km por hora e mantendo unha distancia de 1,5 metros coa que vaia a pé.

As sancións, que poden chegar aos 500 euros en función da gravidade das infraccións, tamén poderán penalizar a falta de casco. Tamén se requirirá seguro de responsabilidade civil e certificado de circulación ou ter unha idade mínima de 15 anos.

58.93 %
10.71 %
26.79 %
3.57 %
Comentarios