O número de ERTEs aumentaron así en 12,7% en apenas 24 horas, mentres que as e os traballadores inmersos nesta situación subiron 11,3% nese mesmo período.
A provincia de Pontevedra segue liderando as cifras de traballadores e traballadoras afectadas con 49.770, e un total de 7.929 ERTE. Séguelle A Coruña, con 41.783 e 9.100, respectivamente.
Dos ERTEs solicitados 688 afectan toda Galiza. Os estatais con repercusións no noso país son 32, pero a Xunta non ten cifras de empregadas e empregados afectados.