"Se España non é unha ditadura paréceselle bastante", afirmou esta cuarta feira Santiago Sierrra ao coñecer a decisión de IFEMA (Institución Ferial de Madrid) de retirar a súa obra de ARCO co argumento de que a súa presenza na mostra restaba visibilidade ao resto de pezas despregadas na exposición.
En declaracións a La Vanguardia, Sierra deplora que se lle furte ao público a contemplación da súa obra. "Hai unha industria do entretimento que se ocupa de manter as nosas mentes ocupadas en sucesos irrelevantes. Esa industria é moi exitosa nos seus resultados. O mantra hipnótico repite que non hai presos políticos. E así se considera comunmente".
Xustamente para manter esa hipnose as fotografías de Sierra, cos rostos dos presos políticos, foron despenduras das paredes de ARCO.