RUBÉN BLANCO, RC CELTA

"Debemos reflexionar porque as cousas non están saíndo como queremos"

Aos seus 24 anos Rubén Blanco (Mos, 1995) é historia viva do Celta. Heroe con só 17 anos naquela lendaria Liga 2012/13 de 4,01% de probabilidades de salvación, o hoxe gardameta titular dos celestes reflexiona para Nós Diario sobre a mala situación do equipo na táboa, o seu futuro após o fútbol ou a creación do Celta feminino.
FOTO CELTA WEB RUBEN BLANCO
photo_camera (Web do Celta)

—O Celta disputa o seu primeiro partido de 2020 o vindeiro domingo, 5 de xaneiro. Terá lugar na súa casa de Balaídos ás 21, tan só unha hora após o remate da cabalgata e implicando que as nenas e nenos que vaian ao estadio non cheguen os seus fogares até as doce da noite. Reis, Nadal, Aninovo... son boas datas para xogar ao fútbol, como sucede na Premier League, ou é vostede partidario de que non haxa encontros até despois das festas?

O deste domingo é un partido programado a un día e a unha hora malísima para xogar ao fútbol. Penso que máis que polos xogadores, non se debería xogar polos nenos e pola afección, porque aquí hai unha grande tradición de facer comidas e ceas familiares en Nadal e, persoalmente, a min non me gusta xogar nestas datas, non por ser xogador, senón pensando no seareiro ao que non lle permiten estar coa súa familia.

—O Celta foi o peor equipo do ano 2019, con 34 puntos en 38 partidos. Que pasou para que non se lograse reverter a situación na que se rematou a pasada Liga e estean, agora mesmo, en postos de descenso?

Levamos ano e medio por debaixo dos nosos plans. A tempada pasada conseguimos salvarnos in extremis, e esta creo que fixemos fichaxes moi interesantes para conseguir atraer de novo a atención da xente, mais a dinámica continúa a ser a mesma. Van pasando os adestradores e parece que a culpa sempre é súa, por ser a cara máis visíbel, aínda que a base do equipo é practicamente a mesma e, por iso, creo que debemos reflexionar, porque as cousas non están saíndo para nada como queremos.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios