Os casos activos de Covid-19 continúan a aumentar na Galiza, nunha progresión que vai incrementándose día tras día. Os dados de Sanidade indican que entre o domingo e hoxe o número de casos activos subiu en 78, situándose en 670. De estar onte por baixo dos 600 a estar hoxe avanzando cara aos 700.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na galiza é de 670.
O aumento de casos rexistrouse en todas as áreas sanitarias. Dese total de 670, deles 371 son da área da Coruña (69 máis ca onte), 75 da de Lugo (+1), 46 da de Ourense (+5), 44 da de Pontevedra (+1), 85 da área de Vigo (+2), 40 da de Santiago (+1), e 9 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 25 en unidades de hospitalización e 643 no domicilio.
Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.446 persoas curadas, rexistrándose 621 falecementos, a finais da 2 deles a semana pasada.
O número de PCR realizadas é de 265.628.
No que atinxe ás residencias de anciás, hai 5 casos activos, dos que 3 corresponden a persoas usuarias e 2 a traballadores.