O CADRO DE PERSOAL MANTéN UNHA GREVE DESDE HAI 101 DíAS

A xustiza dá a razón ao cadro de persoal de Lantero e confirma a legalidade da folga

A sentencia supón un sopro de ar para @s traballador@s, en greve desde hai 101 días.

COMISION LANTERO CARTELES

O xulgado do social número 2 de Pontevedra emitiu ditame a respeito da denuncia interposta pola empresa de embalaxes de Vilagarcía, Lantero, contra o seu cadro de persoal. 

Segundo a sentenza a folga que manteñen @s operari@s desde hai 101 días é legal, ao contrario do que aseguraban desde a dirección de Lantero. A decisión reforza a posición do cadro de peroal que continúa en loita contra o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado. 

Na reportaxe publicada por Sermos Galiza hai dez días o presidente do comité de empresa, Jesús López, sinalaba que o despedimento colectivo "non se xustifica" pois a empresa conta con beneficios e, aliás, está a investir desde que se iniciou o conflito "3 mil euros ao día, 100 mil euros ao mes" en seguranza privada. 

Desde Lantero @s traballador@s aseguran ter depositadas esperanzas na xustiza onde denunciaron o carácter "ilegal" do despedimento colectivo e a "vulneración do dereito a folga" en diversas ocasións ao longo destes máis de 100 días.

Comentarios