Sermos Galiza 227

A volta a Europa en oito reformas laborais

Anos de crise e anos de reformas laborais, leis e medidas que, coa desculpa de superar a gran recesión, deixan unha Europa máis desigual e precaria. E aquí non hai país que sexa excepción á regra. No Sermos Galiza 227, xa á venda na loxa e nos quiosques, repasamos oito reformas laborais en países da UE.

O 21 de xuño o Goberno francés promulgaba por decreto e no marco dunha forte contestación social a coñecida como Lei El Khomri, a reforma laboral que levaba como nome o da ministra de Traballo responsábel do seu impulso. Caía así o último peón na Unión Europea que se mantiña -e isto, relativamente- sen sofrer unha reforma laboral a fondo. Unha reforma emprendida polo Goberno do socialdemócrata Hollande, apoiada e patrocinada por Alemaña, e que o propio primeiro ministro, Manuel Valls, recoñeceu que estaba inspirada “nas que funcionan en países como España”.

laboralFrancia pasaba entón a formar parte daqueles países europeos que durante a crise que estoupaba con forza en 2008 metían a tesoira a fondo en dereitos sociais e laborais. Unha liña que xa comezaran antes da crise Estados como Gran Bretaña e Alemaña. O retrato que nos deixa todo isto é unha Europa con maior desigualdade e precaridade, tanto nos Estados do centro como nos da periferia, se ben con maior incidencia nestes últimos. Hai economistas que falan de “concomitancias” nas reformas laborais en Europa. Habelas, hainas. Tanto nas propostas (flexibilización do despedimento ou a relegación da negociación colectiva) como nas consecuencias: aumento do emprego precario e temporal e rebaixas salariais.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 227, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios