O número de traballadores e traballadoras en ERTE na Galiza aumentan en 50% e chegan a 47.000

Seis de cada dez persoas que na Galiza están nun expediente temporal de regulación de emprego son mulleres.

Imaxe da cadea humana na que participaron centos de persoas. (Foto: CIG)
photo_camera Imaxe dunha cadea humana en Ferrol polo emprego na que participaron centos de persoas. (Foto: CIG)

Galiza fechou o mes de febreiro con 46.665 traballadores en ERTE, o que supón 15.357 máis que o último día de xaneiro, un incremento de case o 50%, segundo os datos que publica esta terza feira o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Do total de 46.665 persoas nun Expediente de Regulación Temporal de Emprego neste mes marcado polas restricións do coronavirus na Galiza, 19.012 son homes e 27.653 son mulleres.

Se se toma como referencia a cifra media, no canto do último día do mes, deixa 47.207 persoas en ERTE na Galiza en febreiro, neste caso 17.468 persoas máis que a media de xaneiro (29.739), un aumento medio do 58,7%.

Por provincias, os traballadores en ERTE o último día do mes eran 21.504 na Coruña, seguida de Pontevedra (15.622), Lugo (5.072) e Ourense (4.467).

Do total de persoas en ERTE, 7.268 están nun expediente por forza maior e 3.042, non por forza maior. A eles súmanse as 36.355 persoas nas novas figuras de ERTE por impedimento, limitación, cadea de valor, entre outros.

Comentarios