Mobilizacións das traballadoras das escolas infantís após a "miserenta proposta" da patronal

Mobilizacións na Coruña, Compostela e Vigo.
Traballadoras das escolas infantís de 0 a 3 anos manifestáronse en Vigo en defensa dun convenio digno. (Foto: Nós Diario).
photo_camera Traballadoras das escolas infantís de 0 a 3 anos manifestáronse en Vigo en defensa dun convenio digno. (Foto: Nós Diario).

As traballadoras das escolas infantís retomaron esta cuarta feira as mobilizacións por un convenio digno após a "miserenta proposta" presentada pola patronal na última reunión, a undécima, decorrida o pasado 2 de novembro.

Con cantos como 'Non pode ser, non pode ser, coidar dos vosos fillos sen chegar a fin de mes', as traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta, que atenden crianzas de 0 a 3 anos, rexeitaron na rúa a teima patronal de bloquear a negociación do XIII convenio colectivo.

Tras rexeitaren todas as organizacións sindicais a última oferta da patronal, o persoal traballador recuperou as mobilizacións para exixir unhas condicións de traballo que suficientes e xustas, contrarias á proposición das patronais que, mantén a precariedade salarial e a involución de dereitos sociais e laborais das profesionais do ensino infantil na súa primeira etapa.

Tamén en Santiago

Como nas dúas primeiras xornadas de folga, convocada por CIG-Ensino, CCOO Ensino e SNEP as traballadoras das escolas infantís mobilizáronse de novo nas cidades de Vigo e A Coruña, e por primeira vez tamén en Santiago de Compostela. Na Coruña andaron desde a praza de Pontevedra até o Obelisco. En Vigo, desde o marco até a Porta do Sol, mentres que en Compostela concentráronse diante da sede da Confederación dse Empresarios da Galiza.

O convenio do persoal das escolas infantís é un dos máis precarios do ámbito do ensino,  cuxas táboas, conxeladas dende 2021, fixan xa por debaixo do salario mínimo e cuxos dereitos laborais e sociais están tan ao nivel do Estatuto das Persoas Traballadoras.

Comentarios