Anuncia 49 despedimentos, a metade do persoal

Sargadelos ameaza con pechar a súa fábrica de Cervo

A dirección de Sargadelos anunciou esta sexta feira 49 despedimentos na súa fábrica de Cervo e ameazou con pechar a planta se non cesa o que o seu conselleiro delegado denomina “presión sindical”. O histórico grupo cerámico saíra en 2016 dun concurso de acredores que el mesmo solicitara dous anos antes.
 

sargadelos_bic
photo_camera Fábrica de Sargadelos en Cervo. Foto: Cultura.gal

De se levar adiante, os despedimentos -anunciados polo conselleiro delegado do grupo Segismundo García- suporían a redución á metade da factoría de Cervo. Sargadelos conta con outra planta no Castro, Sada.

Segundo a versión da empresa, “a presión sindical” fixo que a compañía reembolsase un millón de euros aos traballadores e orixinou a situación. En realidade, esas indeminización foron consecuencia de demandas gañadas xudicialmente polos operarios en virtude dos seus dereitos laborais.

Os sindicatos veñen de denunciar recentemente a contratación de traballadoras con salarios inferiores aos dos traballadores que pasaron polo concurso de acredores. O Tribunal Supremo tamén declarou este ano nulo o ERE de Sargadelos en 2010, ademais de varios dos despedimentos posteriores.

Comentarios