Afunde en Asturies un pesqueiro de Viveiro

Os oito tripulantes foron rescatados ilesos.
Lugar onde se produciu o sinistro (Foto: Salvamento Marítimo).
photo_camera Lugar onde se produciu o sinistro (Foto: Salvamento Marítimo).

Os oito tripulantes dun pesqueiro con base en Viveiro foron rescatados ilesos esta madrugada despois de afundir a súa embarcación na entrada do porto asturiano de Avilés.

Segundo os datos facilitados por Salvamento Marítimo á axencia Europa Press, ás 00.22 horas desta sexta feira recibiuse pola canle VHF unha alerta do pesqueiro 'Serenín' de que ía directo a bater contra as rochas.

Por iso, por parte do Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Xixón, mobilizouse o helicóptero 'Helimer 206', unha embarcación de prácticos de Avilés e pesqueiros da zona.

Finalmente foi a lancha de prácticos a que rescatou ilesos os oito tripulantes deste pesqueiro con base en Viveiro, que foron trasladados ao porto de Avilés, sinalaron as mesmas fontes de Salvamento Marítimo.

Inspección do lugar do sinistro

O afundimento do 'Serenín', de 30 metros de eslora, produciuse na entrada do porto de Avilés.

A zona que procedeu a ser inspeccionada por un helicóptero de Salvamento na mañá desta sexta feira para ver se hai combustible do pesqueiro e restos que poidan afectar á navegación.

Comentarios