Protestas no sector da sanidade privada: "Temos a xornada anual máis alta do Estado"

Persoal da sanidade privada secundou esta cuarta feira na Coruña, ante o Hospital HM Modelo, unha nova protesta en demanda dun "convenio colectivo digno e salarios xustos".
Protesta do persoal da sanidade privada, esta cuarta feira na Coruña (Foto: Nós Diario).
photo_camera Protesta do persoal da sanidade privada, esta cuarta feira na Coruña (Foto: Nós Diario).

Persoal da sanidade privada secundou esta cuarta feira na Coruña, ante o Hospital HM Modelo, unha nova protesta en demanda dun "convenio colectivo digno e salarios xustos".

Foi no marco das mobilizacións convocadas pola CIG, UXT e CCOO ante o "inmobilismo", denuncian, da patronal, e unhas propostas que rexeitan as centrais sindicais por incluír uns salarios "de miseria, a negativa para abordar o pago do traballo en domingo e a redución da xornada máxima anual".

Miguel Tizón, responsábel de negociación colectiva de CIG Saúde, asegurou que a patronal "quere seguir cos recortes" e que a posición sindical pasa porque se retiren este tipo de medidas.

A xornada máis alta do Estado

No caso do convenio da Coruña, asegurou que teñen estabelecida "a xornada anual máis alta do Estado". "Noutros lugares xa está en 37,5 horas", aseverou ao reclamar unha equiparación neste sentido.

Seguirán as protestas

Por outra parte, avanzou que continuarán coas protestas, esta quinta feira en Santiago de Compostela na Rosaleda, e a próxima semana con tres xornadas de folga.

Comentarios