Persoal de residencias privadas e centros de día reclaman melloras laborais e salariais nunha xornada de protesta
Con esta folga, a CIG tamén reclama actuar e camiñar cara a un sistema de coidados integrado, público e garantista.
Persoal das residencias e centros de día de titularidade privada na Galiza reclaman un incremento das súas retribucións "digno", complementos de Incapacidade Temporal (IT), que se compensen os festivos, melloras sociais e a redución da xornada laboral anual.
Fixérono nunha xornada con mobilizacións na Coruña, Ferrol, Lugo, Noia (comarca homónima), Ourense, Ribadumia (O Salnés), Ribeira (O Barbanza), Santiago de Compostela, Vigo e Vilaboa (comarca de Vigo), convocadas pola CIG, que contou cun "alto índice" de participación.
"Entre o 75% e o 80% da xente que está a librar está a mobilizarse", especificou a responsábel de residencias deste sindicato na comarca da Coruña, Ana Domato. Fíxoo antes de participar na protesta decorrida na cidade herculina.
A folga continuará o 22 abril e os días 7 e 21 de maio. Ademais, o sábado 26 de abril está convocada unha manifestación nacional en Compostela.
[EN AMPLIACIÓN]