Persoal do 061 mantén greve e protestas mentres se desenvolven as negociacións

greve 061

Traballadores da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galiza-061 e de Grupo Norte, empresa que xestiona a Central de Coordinación do servizo de emerxencias continúan coas mobilizacións semanais para reclamar unha compensación xusta polo traslado forzoso dende Santiago á Estrada. Ademais, o persoal estatutario segue de greve indefinida dende o pasado día 1 de aosto, mentres que os empregados do centro de chamadas decidiron suspendela mentres teñen lugar as negociacións coa compañía.

Nesta ocasión a protesta, que se desenvolveu coincidindo coa xuntanza entre a representación do persoal da Central de Coordinación e a dirección de Grupo Norte, tivo lugar diante das instalacións de San Marcos (no edificio da CRTVG).

Comentarios