O peor inicio de ano en número de sinistros laborais en Galiza desde 2012

No primeiro trimestre houbo en Galiza 5.914 accidentes laborais, 118 dos cales foron graves e 11 mortais.

sinistralidade laboral

O 2016 deixa o peor primeiro trimestre dun ano desde o 2012 en canto a sinistralidade laboral. Nos tres primeiros meses deste exercicio producíronse un total de 5.914 accidentes laborais, case un 2% máis que no mesmo período de 2015. Desde o primerio trimestre de 2012 (6.651) non se rexistrara un número tan alto de sinistros.

Este primeiro trimestre deixou cifras preocupantes en canto a sinistros mortais: 11. Porén, é un descenso a respeito do mesmo período do ano anterior, no que foron 15 os falecidos. Os accidentes graves aumentaron un 47,5% 

A Unión comarcal de Vigo do sindicato CIG realizou esta terza feira unha concentración de delegados perante Inspección de Traballo desta cidade, unha mobilización para denunciar a falta de seguridade nas empresas e o incremento da sinistralidade. Nas últimas semanas morreron 2 traballadores na cidade.

En Galiza este primeiro trimestre deixou cifras preocupantes en canto a sinistros mortais no traballo: 11. Porén, é un descenso a respeito do mesmo período do ano anterior, 2015, no que foron 15 as persoas traballadoras falecidas. Non se rexistrou este descenso nos accidentes leves (aumentaron nun 1,2%) nin nos graves. Nestes últimos, o aumento nos primeiros tres meses de 2016 foi dun 47,5% (118 accidentes graves).

A siniestralidade laboral bateu récords en Galiza en 2015, un ano no que os traballadores e traballadoras falecidos no noso país en accidentes laborais foi o máis elevado dos últimos exercicios: 64. En todo o 2014 a cifra de traballadores mortos foi de 59. En 2013 foron 47 e en 2012, 45. Así pois, o noso país acumula catro anos consecutivos de aumento nas cifras de mortalidade por sinistralidade no traballo.

Comentarios