O paro rexistrado descende en Galiza en 3.104 persoas

A afiliación á Seguridade Social aumentou en 6.395.

camareiro bar hostalaría cervexa restaurante

O paro rexistrado descendeu en Galiza en marzo en 3.104 persoas, unha baixada importante (en 1.868 baixou neste mes do ano pasado) motivada polo tirón da Semana santa, que en 2017 cadrou en abril. O sector servizos volveu, máis unha vez, ser o motor da contratación. 2.868 das 3.104 persoas rexistradas que atoparon traballo foi neste sector. En Industria apenas 28, na construción 97 e no sector primario, 348.

O desemprego rexistrado descendeu en Galiza en 1,65% a respecto , unha porcentaxe superior á media do Estado español (1,37%), nunha situación que tamén se dá na comparativa interanual. De marzo de 2017 a marzo de 2018 o paro rexistrado caeu en 11%. Unha baixada que para entender na súa dimensión real hai que combinar coa dos contratos, onde a temporalidade continúa a ser omnipresente; e cos informes e estudos que apontan a que a maioría do traballo que se crea é precario e mal pago.

En marzo asináronse perto de 76.000 contratos, dos cales apenas 8.000 eran indefinidos. A taxa de temporalidade en Galiza (por volta de 26%) é das máis altas de Europa canda a de Polonia.

Seguridade Social

A respecto da afiliación na Seguridade Social, aumentou en marzo en 0,65%, porcentaxe inferior á española (0,75%). Se facemos a comparativa interanual, as afiliacións aumentaron no noso país en 2,68% por 3,31% que o fai no Estado español.

Comentarios