Morre un traballador en Cabanas

Cabanas
photo_camera Cabanas

Un home faleceu na mañá desta quinta feira en Cabanas após caerlle na cabeza a ponla dunha árbore mentres traballaba nun monte da localidade.

Segundo informaron a Europa Press fontes do 112 o sinistro ocorreu sobre as 12:30 horas da mañá desta quinta feira nunha finca do lugar de Porcar, en Cabanas, onde o home realizaba labores de corta nunha leira particular e foi golpeado por unha ponla na cabeza.

Até a zona foron mobilizados efectivos da Garda Civil, da Policía Local, de Protección Civil e de Bombeiros de Eume, así como unha ambulancia do 061 que, con todo, non puido facer nada por salvarlle a vida.

Comentarios