Unha media de 41 traballadores cada día afectados por un ERE en Galiza

traballo obreiro traballadores emprego

Perto de 108.000 traballadores estiveron sometidos a un ERE no noso país entre 2010 e febreiro deste ano, período no que se rexistraron no noso país máis de 8.700 expedientes de regulación de emprego.

É unha das siglas que se popularizou socialmente coa crise, ERE, expediente de regulación de emprego, un instrumento que nestes anos acadou en Galiza un gran protagonismo. Dev feito, entre 2010 e febreiro do presente ano, 2017, un total de 107.952 traballadores estiveron sometidos a un ERE no noso país. Isto é unha media de 41 asalariados cada día sufrindo un expediente destas características.

Deses perto de 108.000 traballadores, a gran maioría padeceron un ERE de suspensión (76.713), por 20.061 que estiveron sometidos a un expediente de regulación de emprego de redución de xornada, e 11.178 a un de extinción.

Entre 2010 e 2016 rexistráronse no noso país 8.761 ERES, o que supón tres esxpedientes cada día. Desde perto de 8.800 expedientes de regulación de emprego, só unha pequena parte foron non pactados, menos de 330. 

Comentarios