Greve 19X: CIG avalía o novo escenario após o triunfo da moción de censura

Os órganos de dirección reuniranse a inicios de semana.

greve xeral cig

A CIG está avaliando o novo escenario creado após o triunfo da moción de censura que desaloxa Mariano Raxoi e o PP do goberno español, pasando ser Pedro Sánchez (PSOE) o novo presidente do goberno. A inicios da vindeira semana os órganos de dirección do sindicato nacionalista valorarán se hai unha nova etapa e se se mantén ou non a convocatoria da greve xeral do 19 de xuño.

A CIG cualificou esta greve como a “moción de censura” que a clase traballadora presentaba  diante da situación de “emerxencia nacional e social” que estamos a vivir do punto de vista laboral, social, económico e político-institucional".

Entre os motivos e razóns expostas por este sindicato para a convocatoria do paro xeral de 24 horas estaban "frear as políticas do PP contra a xente desempregada" ou "pola rexeneración democrática fronte á corrupción", así como a necesidade de derrogar as reformas laborais ou a defensa das pensións públicas. 

Comentarios