mércores 30/09/20

O paro rexistrado baixa en xullo en 9.343 persoas na Galiza mais é 16% máis que hai un ano

Con todo, na comparativa interanual o paro sobe na Galiza en 24.390 persoas, un 16,16% máis que en xullo de 2019.
obreiros construcion paro

O número de parados rexistrados nas oficinas de emprego na Galiza baixou en 9.343 persoas en xullo e fica en 175.311, o que supón 5,06% menos que en xuño, segundo datos do Ministerio de Traballo e Economía Social publicados esta terza feira.

Este descenso é o terceiro maior por territorios, só por detrás de Cantabria (-6,74%) e Castela e León (-6,14%). A baixada do paro na Galiza é máis acusada que a media estatal (-2,33%).

Con todo, na comparativa interanual o paro sobe na Galiza en 24.390 persoas, un 16,16% máis que en xullo de 2019.

No Estado, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 89.849 desempregados en xullo (-2,33%), a súa maior caída neste mes desde 1997.

O departamento de Traballo resaltou que a cifra de paro rexistrado no mes de xullo intensifica a tendencia á baixa que se iniciou en maio, após o incremento "abrupto" dos meses de marzo e abril como consecuencia da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.

O paro rexistrado baixa en xullo en 9.343 persoas na Galiza mais é 16% máis que hai un...
comentarios