luns 26/10/20

O comité de Alcoa San Cibrao segue á espera do futuro investidor

Após a reunión multilateral que rematou sen acordos esta terza feira tivo lugar un novo encontro entre a empresa e representantes do persoal da factoría.
Planta de Alcoa en San Cibrao, no concello de Cervo (Arxina).
Planta de Alcoa en San Cibrao, no concello de Cervo (Arxina).

O presidente do comité de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, lamenta que a multinacional "non vexa viábel" e "non dea credibilidade ningunha" ao investidor interesado na compra da factoría que anunciou o Goberno español. "O problema é que o primeiro que quere (Alcoa) é executar o ERE e parar as cubas e despois vender", critica Zan.

Tras un novo encontro en Lugo entre comité e a dirección da multinacional norteamericana no proceso formal de consultas do ERE, Zan asegurou que agardan que se dean os contactos co investidor interesado "canto antes" porque "queda unha semana" para que se execute o despido colectivo. Alén diso afirma que a Xunta da Galiza pode denunciar o ERE, dicir que "está mal fundamentado" e "pedir á empresa que o paralice canto antes".

comentarios