Centos de persoas marchan en Vigo en apoio á loita dos axentes forestais e ambientais

A manifestación reivindicou o respecto da “dignidade laboral” para os profesionais destes corpos.

AXENTES AMBIENTAIS

“En defensa do patrimonio natural de Galiza. Axentes medioambientais, dignidade laboral” era o lume que figuraba na faixa que abría a manifestación que esta quinta feira percorreu Vigo e na que participaron centos de persoas procedentes de toda Galiza.

A marcha denunciou o “abandono do rural” e lembrou que o acordo que regula as condicións laborais destes traballadores e traballadoras caducou en 2007 “Reclamamos uns servizos públicos de calidade”, afirma o comité de greve -formado polos sindicatos CIG e UGT-, “e a dignificación e profesionalización dos axentes ambientais e dos traballadores forestais”. “Queremos un rural e un monte vivos”, conclúen, “o noso medio ambiente pide axuda”.

Na mobilización tomaron parte representantes de BNG, En Marea e PSdeG.

Comentarios