A obra pública máis custosa que se está a desenvolver na Galiza, que devora unha inxente cantidade de diñeiro, que mobiliza un importante número de empresas e firmas (grandes, medianas e pequenas) e que implica niveis extremos de precisión e emprego de moderna e alta tecnoloxía... Pode permitirse sete traballadores mortos, sinistros graves, casos de xornadas maratonianas, condicións laborais e de seguridade precarias?
A finais de novembro un sinistro no tramo Laza-Cerdedelo das obras de alta velocidade deixaba un operario ferido de gravidade. A CIG denunciaba as condicións nas que desenvolven as obras, alertaba da falla de seguridade e pedía poñer o foco sobre unhas condicións que non dubidaba en cualificar de “terceiromundistas”.
Plácido Valencia ocupa desde hai apenas unhas semanas a secretaría nacional da federación da Construción da CIG, o sindicato máis belixerante contra a ‘cara escura’ das obras do AVE. Para Valencia, hai un “entramado descontrolado” de UTE (unións temporais de empresas) e firmas subcontratadas que constitúen un verdadeiro “cóctel pernicioso” para a seguridade laboral e dereitos laborais.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 276, á venda na loxa e nos quiosques habituais]