A Xustiza di que as eólicas "ampáranse" no "baleiro legal" da lexislación ambiental

A última sentenza do TSXG contra a aprobación do proxecto modificado do parque eólico Oribio por parte da Xunta evidencia, a ollos dos maxistrados, un "baleiro legal" na lexislación ambiental galega. É a cuarta derrota da Administración galega nos tribunais no que atinxe á planificación eólica.
Obras de construción do parque eólico Oribio —Samos—, en 2019, nun espazo pertencente á Rede Natura 2000 (Foto: Plataforma Salvemos O Iribio).
photo_camera Obras de construción do parque eólico Oribio —Samos—, en 2019, nun espazo pertencente á Rede Natura 2000 (Foto: Plataforma Salvemos O Iribio).
Comentarios